Subserie 03 - A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BE-CG-07-01-03

Título

A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Data(s)

  • 1986 - (Creación)

Nivel de descrición

Subserie

Extensión e medio

1 revista, tamaño A4

Área de contexto

Nome do creador

(1979-01 ata a actualidade)

Historia administrativa

En xaneiro de 1979 un grupo de emigrantes galegos residentes en Bélxica decidiron fundar esta entidade co propósito de promover e defender a cultura e o folclore galegos e desenvolver o contacto entre os galegos que alí traballaban. Tamén manifestan a súa intención de loitar polo intercambio e a solidaridade entre os galegos e fomentar os lazos entre Galicia e os outros centros galegos no estranxeiro, ademais de desenvolver lazos de amistade coa poboación belga.

Xa nese ano, en outubro, fundan un grupo folclórico, integrado por vinte gaiteiros e un corpo de danza de sesenta e cinco compoñentes, que se convertiría no motor principal da entidade, participando en diversos festivais en Alemaña, Francia, Benelux e Galicia.

No ano 1981, o centro contaba con douscentos socios, pero problemas internos provocaron unha escisión; o grupo que marchou funda a "Casa de Galicia de Bruselas". No ano seguinte crearon unha coral e en 1985 contaban xa con mil socios e unha sede social cedida polas autoridades belgas. No ano 1986 comezan a publicar a revista "A Nosa Voz", voceiro da entidade.

Os seus obxectivos societarios son a promoción e a defensa da cultura e o folclore galegos en Bélxica, así como fomentar a solidariedade entre os galegos, ademais de buscar a cooperación cos outros centros galegos no extranxeiro.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.

Números conservados en formato papel:

1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español
  • Francés
  • galego

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

Biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos
Biblioteca da Fundación Penzol
Biblioteca Xeral da USC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Nota

Variacións no subtítulo:

O número 43 (2003) varía o subtítulo: A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas
Dende o número 46 (2006): A nosa voz : revista semestrial gratuita

Nota

Doazón da Consellería de Emigración números 7-12, 19, 22-23, 25-29, 31-33, 43

Nota

Variacións no formato:

O número 40 (1999), tamaño 213 x 150 mm
Os números 47 a 49, tamaño 248 x 156 mm
Os números 50 e 51, tamaño 166 x 248 mm
O número 52 (2010), tamaño 214 x 150 mm

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Lugares

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 10/07/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Lugares relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/Rev/EU-2/II