Esta sociedade instrutiva e recreativa creouse na Habana o 23 de agosto de 1908 por un grupo de emigrantes galegos, residentes na illa caribeña, naturais das parroquias de Santiago e San Miguel de Reinante. Esta sociedade será tamén coñecida como "Hijos de San Miguel de Reinante".
Entre os seus fundadores destacan: Narciso Fernández e José González, Narciso Rocha, Francisco González, Antonio Díaz Moreda, Benito García, Enrique Díaz, Jesús Díaz, José R. Dorado, Antonio González, Pedro González, José R. Dorado, José García, Ramón García, Marcos Villarino, Narciso Rego, Pero Penabad, Francisco Penabad, Victor Rocha, Francisco Alvarez, Teolindo Dorado, Antonio Dorrego, Antonio González, Ramón García e Manuel Posada. Antonio Rico, foi nomeado delegado da sociedade en Tampa (Estados Unidos).
O seu fin primordial foi impulsar a instrución primaria na súa terra natal, aprobando o envío de cartos para a creación de escolas; mediante convenios co goberno español, facilitará as aulas provistas do material necesario, para que os nenos e nenas recibisen instrución gratuíta.
Ademais esta sociedade terá por obxecto protexer aos seus socios e celebrar festas de recreo e diversión.
Publicado
Parcial
Borrador
Acta de constitución da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" reproducida na Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade durante o ano 1927, conservada en formato dixital e impreso.
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Aberto a novos ingresos
A propia institución
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica