Publicado
Publicado
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà foi creada en 1980 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, coa finalidade de promover a cultura galega en Cataluña e desde a súa fundación esa foi a súa principal función dentro do tecido asociativo da cidade. A entidade organiza a Festa Galega no parque de Can Mercader, coincidindo co Corpus, festa maior da cidade. Durante tres días levan a cabo actividades de exaltación da cultura popular e tradicional, con actuacións de grupos de danza e música popular de Galicia e de Cataluña, así como de outras comunidades autonómicas, ademáis de outras actividades de carácter social, solidario, cultural, lúdico e de interés público.
Publicado
Artigo publicado na revista "Viu Cornellà" sobre a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservado en formato papel.
Aberto a novos ingresos
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica