Publicado
Publicado
Foi creada no 1975 por unha ducia de socios.
Tratase dunha asociación sen fins de lucro, cuxos obxectivos aparecen reflexados nos seus Estatutos, aprobados en maio de 1985 e redactados en galego:
- Xuntar a os galegos de Zürich e comarca.
- Desenrolar actividades culturais, deportivas, folclóricas e de recreo.
- Divulgar as costumes e a cultura galegas.
No ano 1980 puxeron en marcha o Grupo de Danzas e Gaitas “Retrincos”. En 1983 fundaron un grupo vocal de cantigas enxebres e a “Charanga Fiadeiro”. En 1987 crearon o grupo de teatro galego "Compañía de Teatro Cultura Galega" e tamén un conxunto de música-moderna, chamado “Galegos”. En 1988 o equipo de fútbol Celta de Zürich integrouse na sociedade.
Publican o Boletín "Promoción de Cultura Galega de Zürich", celebran o Día das Letras Galegas, o Entroido e o Día da Patria Galega, organizan torneos de fútbol e maratóns.
Formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).
Publicado
Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.
Aberto a novos ingresos
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica