Publicado
Publicado
Esta entidade de instrución y beneficencia foi fundada o 25 de xuño de 1921 polos naturais do concello de Cedeira que emigraran á cidade da Habana. O seu fin primordial foi o de axudar aos seus paisanos na terra natal a construír unha escola para fomentar a instrución dende a pedagoxía moderna. Os seus esforzos van tamén encamiñados na procura da unión entre os seus connaturais residentes na illa de Cuba.
O vicepresidente da entidade, Manuel Rodríguez López, fixo entrega dun préstamo de cen pesos e doou o solar gratuitamente para facer a Casa-Escola de Piñeiro. En 1925, con motivo da colocación da primeira pedra do edificio escolar, organizan un festival para o cal recadan fondos entre os membros da sociedade. A inauguración do novo centro tivo lugar en 1927.
A súa primeira Directiva estivo integrada por: Juan Pego Martínez, como presidente; vicepresidente, Manuel Rodríguez López; secretario, Enrique García Fraguela; vicesecretario, José Piñón Crego; tesoureiro, Manuel García Sanjurjo; vicetesoureiro, Feliciano Muíño Fraguela; vocais: José Aneiros Casal, José Gundín Piñón, Juan López, Faustino Pegueiras Barro, Manuel Villadóniga Rodríguez, Antonio Freire Rey, José Candales Rey, Eduardo Couto, Victoriano Pernas Pérez, Antonio Pernas Pérez, Francisco Martínez García, Vicente Peñón Crego, Paulino Díaz García, José Pita.
Publicado
Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" no Centro Gallego da Habana do 01/08/1921 (2 páxinas), conservado en formato dixital.
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Aberto a novos ingresos
A propia institución
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica