Amosando 1806 resultados

Rexistro de autoridade

Fundación de emigrantes San Cristóbal do Navallo

  • AE-BR-FuCris
  • Entidade colectiva
  • 1992-08-01. Non temos constancia de que exista actualmente.

Esta fundación foi creada por iniciativa do empresario brasileiro, de orixe galega (concretamente da parroquia de San Cristóbal do Navallo, no concello ourensán de Riós), d. José Villarino Cortés, afincado en Santos (Brasil).
Foi fundadad coa finalidade de venerar ao seu santo patrón e propagar a súa devoción, mediante a construción dunha ermida no parroquia e divulgar as propiedades milagreiras da auga da Fonte Lacrimas do Castelo.
Esta fundación estaría integrada por todos os emigrantes, naturais da citada parroquia, espallados polo mundo, que se reunirían na terra natal polo menos unha vez cada ano para celebrar as festas en honor ao seu santo patrón.

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

  • AE-AR-FuXN
  • Entidade colectiva
  • 1984-06-23 ata a actualidade

Esta sociedade cultural e artística foi creada por Diego Alvarez (primeiro presidente da etidade), Carlos Fernández, Carlos M. López e Juan Carlos Vila, destacados persoeiros na colectividade galega emigrada en Bos Aires.
Segundo os seus estatutos, os obxectivos fundacionais foron, ademais de servir de vínculo de unión entre os nativos das provincias galegas, investigar e difundir a cultura galega en todas as súas manifestacións; ditar cursos, conferencias, charlas, debates, congresos e seminarios en ámbitos específicos; coordinar obradoiros literarios, de pintura, escultura, teatro ou fotografía; organizar espectáculos musicais e de danza galega: mostras de pintura, escultura, fotografía, ou calquera outra expresión cultural que se relacione co pobo galego; xerar actividades de investigación da cultura galega, acordando bolsas de estudo para investigadores; editar libros, revistas, e publicacións, realizar programas de radio, cine ou televisión; fomentar e organizar servicios de turismo de carácter cultural, etc.
Entre as súas múltiples actividades culturais destaca a celebración do Día da Patria Galega, e do Día das Letras Galegas, cun concerto anual "Galicia Sempre" e con actuacións dos seus diferentes grupos artísticos: un grupo de bailes tradicionais, grupo de cantareiras, grupo de música tradicional e un grupo de música folk-celta.
Nos anos 90 publica como voceiro social a revista "Xa. Revista de Cultura Gallega ".

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

  • AE-SU-GaHoxe
  • Entidade colectiva
  • 1976-10-20 Non existe na actualidade

A Asociación Cultural Galega Galiza Hoxe está composta por galegos emigrados na Xenebra.

O seu principal obxectivo é o espallamento da cultura galega e os valores nacionais do pobo galego no seo da emigración galega na Suiza.

Os seus primeiros Estatutos foron aprobados pola Asemblea Xeral de fundación da asociación o 20 de outubro de 1976 en Xenebra, incorporando correccións en xaneiro de 1989.

Publica a revista "Galiza hoxe" e emite un programa de radio denominado "Galiza sempre" para informar da actualidade política, social, económica e cultural do pobo galego no seu conxunto.

Formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS).

Resultados 821 a 840 de 1806