Esta entidade cultural galega en Cataluña foi fundada por un grupo de emigrantes galegos residentes na localidade barcelonesa de La Llagosta o 2 de maio de 1992. Entre as súas finalidades (recollidas no seus Estatutos sociais de 1994) destacan: conservar e protexer a cultura galega dende os seus orixes e facilitar a comunicación e o contacto cultural entre os galegos residentes en Catalunya; ensinar, facilitar e fomentar o coñecemento do folclore galega a través de cursos monográficos; fomentar as actividades deportivas, recreativas e benéficas que teñan por obxecto a convivencia e a unión entre todos os galegos. Organizan diversas actividades culturais e recreativas como a "Festa Galega" na honra de Santiago Apóstol que levan a cabo dende 1998 e da que editan un folleto no que aparece o programa festivo, con conferencias, representacións teatrais, actuacións de grupos folclóricos galegos, etc.