Subserie 01 - Airiños : Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ACaG-07-01-01

Título

Airiños : Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Data(s)

  • 1944-07-01- (Creación)

Nivel de descrición

Subserie

Extensión e medio

2 rollos de microfilme cos anos 1944-1945, 1947-1951 e 1954-1955
1 número en papel do ano 1983

Área de contexto

Nome do creador

(1933-09-21 ata a actualidade.)

Historia administrativa

O 20 de setembro de 1918 creouse unha entidade baixo o nome de "Casa de Galicia de Buenos Aires" coa finalidade de acadar solidariedade, cultura, arte e recreo para os seus socios, así como reivindicar e valorar a galeguidade na Arxentina.
Esta entidade sufriu unha escisión dun grupo de socios disconformes coa política da directiva no ano 1927, que pasan a crear unha nova sociedade chamada "Nueva Casa de Galicia".
Tras un periodo de crise, en 1933 hai unha refundación da entidade, baixo os auspicios de Manuel Rigueira Montero, primeiro presidente, Domingo González, Emilio Monelos e José Maceira entre outros.
Esta entidade centrase en fins culturais e recreativos. En agosto de 1935 sae o primeiro número do seu voceiro social, a revista "Casa de Galicia", que ten carácter mensual; en 1944 publican ademais a revista "Airiños".
No ano 1954 mercan un campo recreativo que chaman Airiños, para reunirse todos os socios e organizar festas. Finalmente en 1974 mercan un edificio na rúa San José, da capital porteña, que converten na súa sede social.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Esta revista foi editada pola Casa de Galicia para informar sobre diversos aspectos da institución, e conta ademais con numerosas colaboracións de importantes personalidades que ofrecen a través dos seus escritos unha clara orientación cultural da revista, con diversas achegas á historia, xeografía, costumes, literatura, etc. de Galicia e a súa influencia en América. Aparecen tamén relatos literarios e numerosas poesías.

Números en microfilme:

1944: n. 1-2
1945: n. 3-5
1947: n. 7
1948: n. 8
1949: n. 9
1950: n. 10-11
1951: n. 12
1954: n. 13
1955: n. 14-15

Número en papel:

1983: n. 50º aniversario (72 páxinas)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria.

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a consulta dos microfilmes dispoñemos dun lector de microfilme e ordenador.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

Na propia entidade e nas instalacións do AEG (CdC)
Noutras institucións:
Biblioteca Xeral da U.S.C. (AP 422)
1964: n.17 (xullo)
Biblioteca da Real Academia Galega
1950: n. 11
1954: n. 13
1955: n. 15
1964: n. 17
Biblioteca da Fundación Penzol
Biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos
Biblioteca do Museo de Pontevedra

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Nota

O número correspondente ó 50º aniversario é doazón da Consellería de Emigración

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Materias relacionadas

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Almacenamento físico

  • Cartafol: AE/Rev/ARX-2/I/Car-9
  • Caixa: AE/M-2
  • Caixa: AE/M-33