Este Centro foi creado tras a fusión "Asociación del Partido Judicial de Noya" e o "Centro del Ayuntamiento de Rianjo" para que os seus socios, e tamén os arxentinos e os seus descendentes, contribúan ao maior realce do nome "gallego" en América.
A directiva fundacional da nova entidade estaba presidida por David Otero; outros dos seus membros foron Alfonso Cascallar, Francisco Rodríguez Gey, Miguel Allario, Isabel Liñayo e Manuel Moares Tubío.
Nos seus primeiros Estatutos (1988) están os seus obxectivos principais: fomentar e estreitar lazos de unión e fraternidade entre os naturais do Partido xudicial de Noia e do concello de Rianxo; fomentar a cultura e o recreo; soster unha biblioteca e salón de lectura e publicar un boletín social.
En 1991 sae o primeiro número da revista "Rías Baixas", voceiro oficial da sociedade. En 1992 editaron tamén o boletín social "Centro Noia - Rianxo".
Entre as súas actividades recreativas e culturais están a celebración do Día das Letras Galegas con homenaxes as figuras senlleiras da cultura galega, organización de conferencias, exposicións, e actuacións do seu coro "Rías Baixas" e do grupo teatral da entidade.
Tamén celebran a festividade de San Marcos, patrón de Noia, da Virxe de Guadalupe, patrona de Rianxo, festa fin de ano e numerosas ceas de confraternidade.
Publicado
Parcial
Borrador
Publicación societaria editada coa finalidade de achegar Galicia e a súa realidade aos seus integrantes. Aparecen artigos sobre o Camiño de Santiago, o Quinto Centenario, descricións das paisaxes galegas, lembranzas de emigrantes, definición da morriña, os galegos e o fútbol arxentino, entre outros. Tamén recolle informacións de utilidade para os emigrantes, páxinas de pasatempos, seccións para mulleres e noticias sociais.
Números en papel:
1991: n. 2
1993: n. 3
1994: n. 4
Na propia institución e no Arquivo da Emigración Galega - CdC