Casa de Galicia de Bilbao

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Casa de Galicia de Bilbao

Forma(s) paralea(s) do nome

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1926-05-06 ata a actualidade

Historia

A "Casa de Galicia de Bilbao" foi fundada o 6 de xuño do ano 1926 por un pequeno grupo de galegos que se reunían na Cafetería La Terraza. Tiveron varias sedes sociais, a maioría alugadas ata que no ano 1990 inauguran a actual en propiedade, sita na rúa Picasso, cunha superficie de 600 m2 donde ademais de comedor, cafetería, sala de xogos, contan cunha sala de exposicións e unha biblioteca con máis de 1000 volumes en galego; posúen varios locais que alugan.

Nos seus Estatutos recollen os fins artísticos, culturais, recreativos e benéficos da entidade, encamiñados todos eles a facilitar e cultivar a confraternidade galaico-vasca e a difusión do que representa Galicia en todas e cada unhas das súas manifestacións.

En setembro de 1962 crearon o grupo folclórico "Danzas Terra Nai", integrado por quince músicos e sesenta compoñentes de baile e a banda de gaitas "Lumieira". En 1982 formaron un grupo de corda, con sesenta músicos e no ano 87, doce socios crean "Xolda", grupo de música tradicional galega. Ademais teñen un grupo de teatro chamado "O Palleiro". Todos os seus grupos participan activamente nas festas organizadas pola entidade: celebracións do Antroido, Semana das Letras Galegas, Día de Galicia en Euskadi, etc.

Organizan cursos literarios de narración curta que convocan anualmente. Dende 1986 publican o informativo mensual "O Currunchiño" e dende o 88 editan "O Curruncho", boletín mensual da sociedade, e "Follas Novas", o voceiro infantil e xuvenil.

Lugares

Europa
España
Galicia
País Vasco
Bilbao

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Culturais, recreativas e benéficas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Irmandade de Centros Gallegos en Euskadi (1985-12-08 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-ES-IrCGEus

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1985

Descrición da relación

A Casa de Galicia de Bilbao colaborou na creación da Irmandade de Centros Gallegos en Euskadi da Irmandade de Centros Gallegos en Euskadi

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-ES-CaGaBil

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Creada por Adriana Cousillas o 28/06/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados