Fondo AE-VEN-HPEst - Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-HPEst

Título

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Data(s)

  • 1959-09-22 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con 1 libro de actas
1 cartafol con 1 libro de actas
1 cartafol con 1 proxecto de Estatutos, 1 carta, 1 enquisa, 1 ponencia, 1 memoria, 1 certificado e 1 modelo
1 cartafol con 2 listaxes e 1 cartaz
1 cartafol con 1 libro de contabilidade
1 cartafol cos Estatutos, 1 copia certificada e 1 memoria
1 cartafol con 1 publicación societaria

Área de contexto

Nome do creador

(1959-09-22 ata a actualidade)

Historia administrativa

O 14 de decembro de 1958 cinco emigrantes en Venezuela orixinarios do partido xudicial de A Estrada acordaron crear unha Comisión Preparatoria, presidida por Manuel Coto Porto, que aprobou a constitución dunha sociedade e a elaboración dos estatutos societarios. O 22 de setembro de 1959 elixiron unha directiva presidida por Manuel Goldar e o 6 de decembro de 1960 foi inscrita de xeito oficial como asociación. Foi o primeiro centro benéfico galego creado en Venezuela con carácter local ou comarcal.

Tras un período de decadencia esta entidade reaparece de novo en 1971, conseguindo no ano 1979 uns 460 socios. Na actualidade conta 242 socios, todos eles galegos. Segundo os seus estatutos soamente admiten como socios aos nacidos no partido xudicial de A Estrada (concellos de A Estrada, Forcarei e Cerdedo), aos cónxuxes e aos seus fillos.

Trátase dunha asociación de carácter benéfico e cultural cuxos principais obxectivos son axuda mutua a todos os asociados, tanto benéfica como social, sobre todo en casos en que por enfermidade ou accidente algún socio quede incapacitado física ou mentalmente, defender os valores autóctonos de Galicia e realizar actividades culturais e recreativas.

Non teñen sede propia. Para a maioría das súas actividades empregan as instalacións da "Hermandad Gallega de Venezuela" en Caracas e en Valle Fresco.

Dende o ano 1982 publican o "Boletín Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada". Celebran a Festa de San Paio (patrón de A Estrada), a Festa da Richada e Romerías. Contan con tres equipos de fútbol sala en diferentes categorías. Teñen sepulturas no Cemiterio do Este en Caracas a disposición dos socios con menos recursos económicos.

Obtivo a condición de galeguidade o 28 de xaneiro de 1988 por Decreto 31/88 (DOG nº 28 do 11 de febreiro).

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios (1960-1993)
Estatutos (1985)
Proxecto de reforma dos Estatutos (1987)

Conservada en formato papel (fotocopias):

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1994-1996)
Copia certificada do proxecto de reforma dos Estatutos (2003)
2 listaxes de socios (1996)
Libro de contabilidade (1996)
Ponencia no Consello de Comunidades Galegas (1986)
Memoria e informe administrativo (1997)
Certificado de autenticación (1986)

Conservada en formato papel (orixinais):

Carta enviada ao Consello da Cultura Galega (1997)
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (1997)
Cartaz das Festas de San Paio (1996)
Memoria e informe administrativo (1989)
Modelo de folio timbrado

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Fotocopias.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 17/09/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso