Fondo AE-BR-CEG - Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-CEG

Título

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Data(s)

  • 1976 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con 1 carta, 1 convite, 1 programa, 2 folletos e 1 modelo

Área de contexto

Nome do creador

(1976 ata a actualidade)

Historia administrativa

O Centro de Estudos Galegos é unha institución cultural que ten por obxectivo estudar e divulgar a cultura galega na sociedade bahiana. Foi creado a instancias da profesora Rosario Suárez Albán e estivo sempre vinculada á Universidade Federal de Bahia.
Non só a integran galegos e descendentes de galegos senón tamén bahianos, académicos ou non, que estudan e admiran Galicia e a súa traxectoria histórico-cultural.
Entre as súas actividades pódese citar:

  • a organización de actos para conmemorar o Día das letras GAlegas
  • diversos actos de confraternización cultural entre galegos e descendentes e os brasileiros: actuacións musicais, exposicións, teatro, etc. para iso contan coa axuda do Centro recreativo Uniâo do Rio Tea, que lle ceden a súa sede para facer estes eventos.
  • organizar cursos de lingua e literatura galegas en colaboración coa Xunta de Galicia e a UFBA. Tamén cursos de gaita galega
  • axuda a Xunta de Galicia nos seus programas de divulgación da cultura galega en Salvador.
    En 1995, tamén no marco da Universidade Federal de Bahia, fundouse o CELGA, institución cultural que ten como obxectivos incentivar, promover e realizar accións tendentes a estimular o intercambio cultural entre Bahía e a Galicia, e organizar cursos e seminarios de lingua, literatura e cultura galegas. Esta institución supón unha continuación que levaba realizando o Centro.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta dirixida a Manuel Suárez Suárez (1991)
Convite a participar na VI Confraternización de Xeracións Galego-Baianas
Programa "O povo galego : mentalidade, caminhos, espaços"
Folleto do Centro de Estudos Galegos
Folleto con "Cantigas Galegas"
Modelo de ficha de socios

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Portugués brasileiro

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 10/05/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Xéneros relacionados

Lugares relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/SOC/BRA-1