Fondo AE-AR-CGAz - Centro Gallego de Azul

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CGAz

Título

Centro Gallego de Azul

Data(s)

  • 1992-09-19 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con documentación

Área de contexto

Nome do creador

(1992-09-19 ata a actualidade)

Historia administrativa

A idea da creación dun centro galego na cidade de Azul xorde tras unha reunión no local da Cruz Roja desta localidade. Na reunión participaou un grupo de galegos que decidiron constituír un centro onde se puidesen reunir os emigrantes galegos e tamén arxentinos, interesados en organizar actividades culturais e sociais. A súa fundación oficial efectuouse o 19 de setembro de 1992 sendo o seu primeiro presidente Manuela Carmen Alonso Méndez.
Xa dende os seus inicios deciden crear un grupo de baile e un programa de radio.
O centro carece de sede social propia, realizando os actos sociais en lugares ofrecidos por outras institucións; ten alugada un despacho/sala onde está instalada a súa biblioteca denominada "Dr. Leopoldo Laperta" e un salón onde ensaia o grupo folclórico.
Segundo os seus estatutos as súas finalidades son: realizar labor cultural, social, recreativo, deportivo e de apoio recíproco entre os seus asociados; exaltación de Galicia polos seus valores humanos, materiais e morais; promover, difundir e subvencionar a cultura galega e arxentina polos medios ao seu alcance; organizar conferencias, cursos e actos para o maior desenvolvemento cultural e educativo dos socios.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Fax enviado a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior" (1994)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Díptico, convite e cartaz da actividade "Semana de Galicia : Hermanados" (1994)
Programa de actividades "Un momento musical..." (1997)
Díptico e cartaz co programa de actividades "Encuentro coral Tapalque '98" (1998)
Programa "Festejos del Día del Inmigrante"
Convite á Exposición de Mantóns de Manila (1995)
Cartaces co convite á asociarse á sociedade "Centro Gallego de Azul" e a participar no grupo de danzas galegas Rosalía de Castro

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 14/03/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/SOC/ARX-6