Centro Gallego de Salamanca

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Centro Gallego de Salamanca

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Centro Galego de Salamanca

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1957-05-27 ata a actualidade

Historia

O Centro Gallego de Salamanca foi fundado o 27 de maio de 1957. A institución xurdiu pola inquietude dun numeroso grupo de estudantes galegos que recibiron o apoio e o respaldo de distintas autoridades locais, de orixe galega, que neses momentos desempeñaban os seus cargos en Salamanca, como era o caso de José Luís Taboada García, quen exercía de gobernador civil da provincia por aquela época. As primeiras reunións para concretar a formación da entidade fixéronse nos baixos dunha cafetería e a elas acudían unha trentena de galegos. O concello facilitoulles o enderezo dos galegos residentes na cidade (que non chegaban ao millar), a partir dunha petición dos membros destas primeiras asambleas.

A primeira Asamblea Xeral, á que acudiron prensa e radio locais, fíxose nos locais da Sociedad Musical Filarmónica, con cuxa directiva acordaron o traspaso do local, que a partir dese momento pasou a ser a nova sede social do Centro Gallego. Desde o primeiro momento existiu unha gran sintonía entre os membros da institución e a cidadanía, xa que gran parte dos socios estaban moi implicados na vida social da cidade. Por outra parte, ó crearse unha sección de socios simpatizantes, eran moitos os salmantinos que formaban parte desta sociedade. En consecuencia, ao Centro Gallego, sempre se lle considerou en Salamanca como unha institución galega enormemente ligada ás actividades sociais da mesma.

Nos primeiros anos organizaban moitos bailes con orquestra (bisemanais), cobrando aos non socios unha pequena cantidade; tamén facían distintas rifas nas que participaban os socios, pero coa instalación dun bingo, fonte principal de financiamento do centro, a súa situación económica melloraría considerablemente permitíndolle mercar unhas instalacións máis completas. No ano 1982, coincidindo co seu 25º aniversario, adquiriron unha parcela chamada Finca “El Juncal” situada a 4 kilómetos de Salamanca, no lugar de Villamayor de la Armuña co obxectivo de destinala a zona deportiva e así atraer á xuventude ao centro. A extensión aproximada é duns 18.000 m2, na que se conta cun edificio e unha zona de arborado. Dende 1990 teñen local social en propiedade no que dispoñen de restaurante, salóns de usos múltiples para exposicións e conferencias, bar de socios, sala de xogos (para cartas, axedrez, dominó, etc), gran salón, sala de prensa e unha importante biblioteca con máis de 4.000 volumes.

A este centro foille recoñecida a condición de galeguidade o 3 de marzo de 1988. A entidade é membro da Federación de Centros Gallegos de Castilla y León.

Lugares

Europa
España
Galicia
Castela e León
Salamanca

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Recreativas, culturais, de instrucción e benéficas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Federación de centros gallegos de Castilla y León (1994-05-28 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-ES-FCGCasLe

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

Descrición da relación

O Centro Gallego de Salamanca é membro da Federación de centros gallegos de Castilla y León

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-ES-CGSal

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Creada por Adriana Cousillas o 13/06/2019

Idioma(s)

Escritura(s)

Fontes

Bases de datos do AEG
Páxina web da entidade: http://cgsalamanca.galiciaaberta.com/

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados