Centro Orensano de Buenos Aires

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Centro Orensano de Buenos Aires

Forma(s) paralea(s) do nome

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Relacionar con: Centro Galicia de Buenos Aires

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1941-01-25 ata 1979-07-25, ano que se fusionaron todos os centros provinciais e crearon o Centro Galicia de Buenos Aires

Historia

Este centro foi creado pola fusión das sociedades ourensás "Centro Nogueira de Ramuín", "Sociedad Cultural Nogueira de Ramuín", "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Pereiro de Aguiar" e "Sociedad Cultural y Recreativa del Ayuntamiento de Esgos".
En marzo dese mesmo ano intégrase tamén a "Unión Provincial Orensana".
Son fundadores desta nova entidade Antonio R. Rodríguez, Alfonso Fernández Pol, Severino Gallego, Enrique A. González, Claudio Fernández, primeiro presidente social, Jesús Alonso, Luis Guede, Jesús Sinde, entre outros.
Esta sociedade defende o ideario da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" á que está adherida. No seu programa de actuación detallan os seus obxetivos: crear bibliotecas populares en toda a provincia de Ourense; fundar unha gran biblioteca en Bos Aires, estabelecendo unha sección especial dedicada aos libros de ensinanza para nenos e adultos; protexer e axudar mutualmente aos socios para defender os seus dereitos; fomentar a cultura galega, o recreo como expresión de familiaridade, e especialmente o deporte, como medio de perfección física.
O 14 de novembro de 1944 edítase o primeiro número do xornal "El Orensano", voceiro social desta entidade; máis tarde pasou a publicarse baixo a cabeceira de "Opinión Gallega" conxuntamente co "Centro Pontevedrés".
A súa editorial "As Burgas" editou por vez primeira a obra de Castelao "Sempre en Galiza".
No ano 1945 inaugura na súa sede social un conservatorio musical dirixido por Herminia Cano e no ano 1946 crea un coro de gran prestixio na colectividade galega, chamado "Terra Nosa".
Dende 1950 suprimiu a concesión dos beneficios mutuais para limitarse ás actividades culturais e recreativas. Entre éstas cabe destacar a creación do "Día dos mártires galegos". Organiza numerosas exposicións de arte galega (escultura, pintura, debuxo, fotografías, etc.) realizadas nos seus salóns.
En 1952 edita un álbum de cinco discos dobres, nos que foron gravadas trece cancións galegas coa colaboración do coro da entidade, baixo a dirección do mestre, Isidro B. Maiztegui.
En 1979 os socios aproban en asemblea xeral a fusión do centro cos outros tres provinciais existentes na Arxentina, para formar o "Centro Galicia de Buenos Aires".

Lugares

América
Arxentina
Bos Aires
Ourense

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Culturais e recreativas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Centro Galicia de Buenos Aires (1979-07-25 ata a actualidade.)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CGal

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-05-27

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Entidade relacionada

Comité Orensano Leal (1938-1941, ano no que se fusiona con outras entidades de Ourense para crear o "Centro Orensano" de Buenos Aires)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-ComiOr

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1941-01-25

Descrición da relación

Fusión de varias entidades de emigrantes ourensáns para crear este centro de carácter provincial

Entidade relacionada

Unión provincial orensana (1913-03-09 ata 1941, ano no que se fusiona no "Centro orensano de Buenos Aires")

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-UOre

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1941

Descrición da relación

Intégrase neste centro

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-AR-COr

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados