Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Forma(s) paralea(s) do nome

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Relacionar con: Asociación Gallega de Buenos Aires (1974) tras a súa fusión co Centro Coruñés.
  • Relacionar con: Centro Galicia de Buenos Aires (1979)

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1942-03-14 ata 1974-02-24, ano que se fusiona co Centro Coruñés, creando a Asociación Gallega de Buenos Aires. En 1979 hai unha nova fusión entre todos os centros provinciais galegos en Buenos Aires e créase o Centro Galicia de Buenos Aire

Historia

En marzo de 1938 as sociedades de emigrantes pontevedreses "Residentes del Ayuntamiento de Geve", a "Sociedad Hijos de Lérez", "Alba, Campano y Cerponzones", "Hijos de Meaño" e "Sociedad de Rivadumia" deciden formar unha "confraternidade" para lograr maior eficacia na consecución das aspiracións dos seus socios. Esta confraternidade foi o xerme desta asociación.
Este Centro Pontevedrés foi creado tras a fusión de varias sociedades, con poucos socios e escasa actividade societaria, que deciden xuntarse por iniciativa de Manuel Esperón, primeiro presidente da nova entidade e de Cándido Rey.
Segundo a súa declaración de principios, recollida na súa acta fundacional "(...) el centro surje a la vida societaria para continuar la nobilísima obra de sus entidades fundadoras (...) con una finalidad benéfica y altruista; seguirá prestando toda clase de ayuda moral y material a sus asociados, otorgándoles subsidios y repatriaciones en caso de enfermedad y otros muchos beneficios de todo orden, claro está, en una escala superior a la que era posible conceder antes de esta nuestra UNIÓN (...)".
En 1949, conta cun pazo da súa propiedade en Olivos; e en 1955 consegue ter unha sede social da súa propiedade na rúa Sarandí, nº 847, onde se instalan as súas oficiñas. Esta sede contaba cun amplio salón para actos culturais e celebración de festas, unha sala-biblioteca, salas de presidencia, secretaría e un bar-comedor para os socios. Ten un amplio espacio libre dedicado a xogos ao aire libre, verbenas, etc. Son propietarios tamén dun campo na avenida Libertador en Olivos, ao que os socios chaman Pazo Galego.
En xaneiro de 1963 intégrase nesta sociedade a Agrupación cultural y artística "Rosalía de Castro".
No ano 1974 fusiónase co "Centro Coruñés de Buenos Aires" e pasan a denominarse "Asociación Gallega de Buenos Aires" pero ambas as dúas entidades teñen unha vida social propia, só se unen para a organización de grandes eventos e para defender unha política común dentro da colectividade.
Finalmente en 1979 participan cos outros centros provinciais na fundación dunha nova entidade que segue a existir na actualidade, o "Centro Galicia de Buenos Aires".

Lugares

América
Arxentina
Olivos
Vicente López
Pontevedra

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Culturais e recreativas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Centro Galicia de Buenos Aires (1979-07-25 ata a actualidade.)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CGal

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-07-25

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-AR-CPont

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados