Fondo AE-AR-COr - Centro Orensano de Buenos Aires

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-COr

Título

Centro Orensano de Buenos Aires

Data(s)

  • 1941-01-25 - 1979-07-25 (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

3 rollos de microfilme con actas e 2 xornais
2 PDF con actas
1 cartafol con 1 revista e 1 programa
1 PDF con 1 memoria

Área de contexto

Nome do creador

(1941-01-25 ata 1979-07-25, ano que se fusionaron todos os centros provinciais e crearon o Centro Galicia de Buenos Aires)

Historia administrativa

Este centro foi creado pola fusión das sociedades ourensás "Centro Nogueira de Ramuín", "Sociedad Cultural Nogueira de Ramuín", "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Pereiro de Aguiar" e "Sociedad Cultural y Recreativa del Ayuntamiento de Esgos".
En marzo dese mesmo ano intégrase tamén a "Unión Provincial Orensana".
Son fundadores desta nova entidade Antonio R. Rodríguez, Alfonso Fernández Pol, Severino Gallego, Enrique A. González, Claudio Fernández, primeiro presidente social, Jesús Alonso, Luis Guede, Jesús Sinde, entre outros.
Esta sociedade defende o ideario da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" á que está adherida. No seu programa de actuación detallan os seus obxetivos: crear bibliotecas populares en toda a provincia de Ourense; fundar unha gran biblioteca en Bos Aires, estabelecendo unha sección especial dedicada aos libros de ensinanza para nenos e adultos; protexer e axudar mutualmente aos socios para defender os seus dereitos; fomentar a cultura galega, o recreo como expresión de familiaridade, e especialmente o deporte, como medio de perfección física.
O 14 de novembro de 1944 edítase o primeiro número do xornal "El Orensano", voceiro social desta entidade; máis tarde pasou a publicarse baixo a cabeceira de "Opinión Gallega" conxuntamente co "Centro Pontevedrés".
A súa editorial "As Burgas" editou por vez primeira a obra de Castelao "Sempre en Galiza".
No ano 1945 inaugura na súa sede social un conservatorio musical dirixido por Herminia Cano e no ano 1946 crea un coro de gran prestixio na colectividade galega, chamado "Terra Nosa".
Dende 1950 suprimiu a concesión dos beneficios mutuais para limitarse ás actividades culturais e recreativas. Entre éstas cabe destacar a creación do "Día dos mártires galegos". Organiza numerosas exposicións de arte galega (escultura, pintura, debuxo, fotografías, etc.) realizadas nos seus salóns.
En 1952 edita un álbum de cinco discos dobres, nos que foron gravadas trece cancións galegas coa colaboración do coro da entidade, baixo a dirección do mestre, Isidro B. Maiztegui.
En 1979 os socios aproban en asemblea xeral a fusión do centro cos outros tres provinciais existentes na Arxentina, para formar o "Centro Galicia de Buenos Aires".

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade (1941-1962)
Libros de actas das reunións da Subcomisión de Festas (1951-1956)

Conservada en formato microfilme:

Libros de Actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade (1941-1979)
Xornal "El Orensano"

Conservada en formato papel:

Revista "Ronsel"
Programa do "Concierto Folklórico de arte, música y canto coral popular gallego" organizado pola sociedade para o día 01/10/1947

Conservada en formato microfilme e papel:

Xornal "Opinión Gallega"

Conservada en formato dixital:

Memoria e balance do ano 1949

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Os documentos microfilmados precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 01/04/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/S/M-1
  • Caixa: AE/M-15
  • Caixa: AE/S/M-17
  • Caixa: AE/Rev/ARX-5