Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1922 - (Creación)
Nivel de descrición
Unidade documental composta
Extensión e medio
50 documentos
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada polos emigrantes naturais do concello coruñés das Pontes de García Rodríguez residentes na illa de Cuba. Atilano Mouriño, un dos membros máis destacados da colectividade, convocou unha reunión na súa casa, á que asistiron, entre outros, Plácido López, Manuel Baamonde, Jesús Cabarcos, César Cal, Guillermo Baamonde, Antonio Castro, Amador Seoane, Vicente Seoane, José María Picos, Jesús Picos, David González e Jesús Teijeiro, socios fundadores da nova entidade.
O fin desta era axudar no desenvolvemento da «instrucción primaria y gratuita en cada una de las parroquias de Freijo, Deveso, Aparral, Vilabella y San Mamed y de segunda enseñanza en la villa de Puentes de García Rodríguez para cuyo fin se construirá en cada localidad un edificio adecuado, con capacidad suficiente para dos aulas, una de niños y otra de niñas».
Xa dende un primeiro momento, realiza unha activa campaña de propaganda para conseguir o maior número de socios. Creou varias delegacións por toda a illa de Cuba, en zonas onde residían pontenses: Batabanó (fundada en 1913, con Miguel Fontao Pita como delegado), Pinar del Río (1913, delegado Domingo Seco), en Cienfuegos (delegado Adriano Fernández), en Colón (con Francisco Formoso), en Morón (con Ramón Pita López) e en Santa Clara (delegado, Narciso López Ferro). Tamén, en 1917, comezou a funcionar unha delegación en México, na cidade de Progreso, con José M.ª Pajón como delegado; e, en 1921, fundou unha delegación nas Pontes, con Jesús Cabarcos Cal como presidente. Esta delegación foi a encargada de xestionar as remesas de cartos enviadas pola sociedade habaneira para a construción dos edificios escolares e de todos os aspectos relacionados con este fin (estudo e elección dos lugares onde debían ser construídos os centros, encargo dos planos e memorias de obras e da súa supervisión, contratar ou despedir os mestres, compra de mobiliario e material educativo, etc.).
Nos primeiros anos dedicouse a incrementar os fondos sociais coa organización de festas, cobro de cotas, etc. Para incentivar a instrución e frear o absentismo escolar no seu concello, enviaban xiros periódicos para dotar os premios que se lles concedían aos alumnos máis destacados das escolas pontensas.
En 1922, colaborou co Concello das Pontes na construción dun novo cemiterio na vila.
En 1923, mercou un terreo na vila das Pontes, duns 2800 m2, para construír o seu primeiro edificio escolar, situado de maneira estratéxica fronte á sede do concello e que tivo un custo de 500 pesetas. Entre os anos 1927 e 1928, comprou varios soares nas parroquias do Freixo, Vilavella, O Deveso e Somede, co fin de construír varias escolas nestes lugares.
Unha vez construídos os edificios, a sociedade cedíallos ou alugáballos ao Concello, que era o encargado de acondicionar as escolas, aínda que a sociedade se ocupaba da compra de mobiliario e material educativo.
En 1938, fixo un panteón social no cemiterio Colón.
No regulamento de 1941 aprobou o cambio de finalidades da entidade, que pasa a denominarse Sociedad de Beneficencia y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez. A partir dese momento era prioritaria a axuda mutua entre os socios (visitas aos enfermos, axudas económicas aos máis necesitados, etc.) e a organización de actividades recreativas para incentivar a unión dos pontenses residentes en Cuba e o seu lecer.
Un acontecemento destacado foi a súa fusión o 29 de agosto de 1987 coa sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" creada o 10 de setembro de 1922. Dende entón as sociedades irmandadas integran a directiva ata a actualidade, reformando o regulamento social para o seu mellor funcionamento.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:
- 1 relación de persoas que contribuíron na constucción do novo cemiterio nas Pontes
- 1 relación das doazóns acadadas para a construcción (1922-1925)
- 1 relación de gastos aboados pola Comisión enargada da súa construcción (1922-1925)
- 1 carta sobre as obras no novo cemiterio (1923)
- 1 informe sobre o cemiterio de Ortigueira
- 1 acta da reunión celebrada nas Pontes con motivo da construcción do Panteón (1924)
- 1 informe do arquitecto (1926)
- 1 regulamento polo que se rexirá o novo cemiterio
- 4 planos
- 1 certificado de cesión dun terreo (1931)
- 1 certificado de cesión dun terreo (1937)
- 1 carta sobre o terreo do cemiterio de As Pontes, as escolas de San Mamede e Deveso e as contas do Banco Pastor
- 7 certificados sobre a construcción do Panteón (1967-1969)
- 1 proxecto (1968)
- 1 memoria (1968)
- 1 pliego de condicións económico-administrativas (1968)
- 3 números do Boletín Oficial da Provincia da Coruña (1968)
- 1 acta do Pleno municipal (1968)
- 1 orzamento (1968)
- 1 acta da subasta (1968)
- 1 factura (1969)
- 15 cartas sobre o cemiterio, o proxecto de construcción, o orzamento, o prego de contratación, a entrega oficial do Panteón, etc. (1968-1969)
- 1 informe da aportación económica do Concello de As Pontes (1969)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
Documentación dixitalizada no Arquivo do Concello de As Pontes de García Rodríguez
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 23/08/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino