Unidade documental composta 01 - Documentación relativa ao Panteón social

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-BNatG-02-03-01

Título

Documentación relativa ao Panteón social

Data(s)

  • 1941 - (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

4 libros, 2 fotografías e 1 tríptico

Área de contexto

Nome do creador

(1871-12-31 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade tivo dous precedentes: o "Centre Catalá" (fundado na década dos 40) e unha sociedade galega que baixo a advocación do Apóstolo Santiago se creara na Habana en 1804. Foi fundada o 31 de decembro de 1871 na cidade da Habana. O 28 de xaneiro de 1872 tivo lugar a primeira reunión dos socios no Teatro Tacón, onde se elexíu a primeira directiva integrada por: presidente, Ambrosio Tomati; secretario, Pedro de Lago; tesoureiro, José García Barbón; consiliarios: Juan Baldonedo, José Pla Monge, José Carreras, Manuel Misa, Juan Mendizábal, Hipólito Varela, Francisco Lamigueiro, Adolfo Gasset, Fernando Blanco, Juan A. Paz, Nicolás Vázquez de la Torre, Camilo Feijoo Sotomayor. No 1872 foron nomeados socios de honra: Virginia F. Auber e Rosalía de Castro.
Nos seus primeiros estatutos de 1872 esta asociación ten como obxecto principal protexer aos seus asociados e ás súas familias e socorrer aos que non sendo socios sexan oriundos de Galicia e precisen auxilio, sempre que residan na Habana e se comprobe a súa necesidade.
A Institución, dende a fundación do Centro Gallego da Habana, a principios de século, estivo totalmente ligada a dito centro, instalándose nunha das súas oficiñas a partires de 1922.
No ano 1949 reforma os seus estatutos nos que destaca ademáis do labor de auxilio e socorro aos asociados, a axuda para a repatriación dos socios que teñen que retornar a Galicia e que non que teñen medios para pagar a pasaxe. Recollen tamén a idea de publicar periodicamente unha revista titulada "La vida gallega en Cuba", que sería o órgano oficial da sociedade e que será de distribución gratuíta.
Tras a revolución castrista, a institución viuse moi limitada, debido tanto a crise do país como a expropiación de moitas das súas propiedades. Seguen a prestar servizos aos socios sobre todo polo magnífico Panteón Social que posúen no Cemiterio Colón.
Actualmente o seu presidente é Alfredo Gómez Gómez.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Documentación relativa ao Panteón social da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservada en formato dixital:

  • Notificacións de exhumacións dos socios:
    • Tomo I: 04/1941-11/1949
    • Tomo II: 01/1950-07/1953
    • Tomo III: 08/1953-07/1955
    • Tomo IV: 08/1955-07/1958
  • 2 fotografías do Panteón

Conservada en formato papel:

  • Convite ao acto de bendición das obras de ampliación do Panteón (03/05/1942)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Nota

O AEG conserva dous exemplares do convite

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Lugares

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 23/07/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso