O AEG conserva dous exemplares orixinais dos Estatutos, fotocopias e copia dixital
Un exemplar, doazón de Marcelino X. Fernández Santiago. Outro exemplar, cesión de Marcelino X. Fernández Santiago
A fundación deste Centro xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda e loitador anticaciquil que funda o decenario "El Despertar", desde cuxas páxinas aboga pola formación de sociedades agrarias no seu distrito; foi desterrado pola súa actividade política e marchou cara Arxentina. Esta entidade foi creada por un grupo de emigrantes naturais desta comarca, entre os que destaca Constantino Gil, primeiro presidente, co obxecto de cooperar coa labor iniciada por este home, e dende marzo de 1917 editan "La Voz del Centro", para continuar coa campaña agrarista por éste emprendida; esta revista continúa co título de "El Agario" ata o 15 de marzo de 1926. Segundo recollen os seus Estatutos: "Os residentes das parroquias de Entienza, Salceda, San Jorge, Picoña, Parderrubias, Soutelo e Budiño, que compoñen o concello de Salceda de Caselas, reunidos en Asamblea Xeneral constituínte o día 26 de outubro de 1913, declaran que queda constituída unha asociación denominada "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda" con asiento en Buenos Aires, capital da República Argentina. Os seus fins son: axuda mutua aos seus asociados; fomentar o espíritu de unión entre os seus asociados por medio de actos recreativos, que serán organizados por medio da comisión directiva ou outras obras benéficas que a mesma decida. Nos anos 20 e 30 envían numerosas doazóns económicas ao seu concello natal destinados á propaganda agraria e galeguista. En 1976 aproban a súa fusión coas sociedades de emigrantes "Casa de Tuy", e coas asociacións de Chantada, Caldelas e Becerreá, formando a "Asociación Tuy-Salceda".
Publicado
Parcial
Borrador
Folleto cos primeiros Estatutos do "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires", entidade fundada o 26/10/1913.
A propia entidade
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria.
Permítese a reprodución dixital e reprográfica do material.