Publicado
Ademáis do folleto orixinal, o AEG conserva dous exemplares fotocopiados no cartafol AE/SOC/ARX-2(I)/Car-7
Esta sociedade de emigrantes galegos foi creada por un grupo de emigrantes, republicanos que defendían a idea de Galicia como nación. Estivo integrada por destacados persoeiros nacionalistas como Antón Fiz Fernández, Rodolfo Prada, Manoel Pedreira, Indalecio T. Covelo, Antón Gómez, Bieito Cupeiro, Moisés Da Presa, Xosé Lema Novo, Antón Suárez Dopazo, Valeriano Saco, Federico Zamora, Manoel Ucha, Lois Ares, Bernaldo Souto ou Fernando Iglesias "Tacholas".
Como medio de defensa dos seus ideais políticos publicaron varios xornais como "A Nosa Terra" ou "Adiante".
No ano 1946 temos constancia da existencia de tres filiais desta sociedade en La Plata, Rosario e Mendoza.
Publicado
Conferencia pronunciada por Antón Alonso Ríos no Centro Orensano en memoria do mariscal Pardo de Cela, que incorpora verbas de Castelao
Na propia institución e no Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica