Fúndase en 1914 co nome de SOCIEDAD DE SOCORROS MUTUOS HIJOS DEL PARTIDO DE VILLALBA. Muda de nome en asamblea xeral o ano 1918 por CENTRO VILLALBÉS.
Esta asociación de emigrantes galegos naturais do partido xudicial de Vilalba, residentes en Bos Aires foi fundada o 6 de xuño de 1914 coa finalidade de socorrer aos seus socios en caso de enfermidade ou por falta de traballo, axudando na súa repatriación. É tamén unha sociedade recreativa donde os seus socios se reunían para recordar a súa terra e as súas romarías.
Coa chegada da República en España se declaran partidarios do novo sistema político e en 1937 tras o estoupido da guerra civil organizan unha agrupación de axuda ao goberno
español, cos seguintes fins: "propender al apoyo moral y material del gobierno legítimo de España, que defiende la libertad y soberanía del pueblo contra la invasión de las hordas fascistas, que pretenden convertirlo en una colonia italo-germana" ("Galicia", nº 523).
Publicado
Parcial
Final
Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición do persoal investigador.
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Dispoñible en liña e consulta en sala para persoal investigador e demais persoas interesadas na temática migratoria.
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica