Showing 5 results

Archival description
Centro Betanzos Publicacións periódicas
Print preview View:

Betanzos : Revista del Centro Betanzos

Esta publicación societaria pretende servir de vínculo entre os emigrantes betanceiros e a súa comarca natal, informando das actividades realizadas polo Centro Betanzos e sobre outros temas de interese para os seus integrantes. Tamén inclúe diferentes colaboracións e artigos sobre temas galegos: historia, nacionalismo, economía, lingua, educación, música, emigración, etc. Por último, recolle información da actualidade galega, especialmente da comarca de Betanzos.

Número conservado en microfilme:

[1947]: n. 42

Números conservados en papel e en microfilme:

1948: n. 43 (fotocopias)
1949: n. 44
1951: n. 45
1962: n. 58
1978: n. 65
1980: n. 69
1981: n. 70
1989
1990: 85º aniversario
1992: 86º aniversario

Centro Betanzos

Centro Social Betanzos : Fiestas de San Roque

Este boletín foi editado con carácter anual para conmemorar a festividade do patrón de Betanzos, San Roque, e para informar das diversas actividades organizadas pola entidade para celebrar estas festas tan senlleiras desta vila galega.

Números conservados en papel:

1935
1936

Centro Betanzos

Centro Betanzos

Esta publicación, editada polo Centro Betanzos de Bos Aires, está asinada por A. Suárez do Pazo. Está totalmente dedicada á figura de Castelao, como unha homenaxe tras o seu pasamento.

Números conservados en papel:

1950

Centro Betanzos

Centro Betanzos

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

  • Estatutos (1952)
  • Reglamento de las Escuelas García Hermanos de Betanzos (1915)
  • Carta á Radio Galega (1995)
  • Carta de Castelao (1948)
  • 2 cartas cunha solicitude da Federación de Sociedades Gallegas ao Parlamento Galego
  • Folleto sobre Antolín Faraldo (1954)
  • Folleto "Betanzos honra a sus mártires" (2001)
  • 5 recortes de prensa con artigos adicados ao Centro Betanzos
  • 7 programas
  • Monografía con motivo da celebración do Día de Galicia: "Coral Galega Os Rumorosos" (1942)
  • Biografía de Domingo Maza Calvo (1966)
  • Comunicacións presentadas ao VI Pleno do Consello de Comunidades Galegas (2000)
  • Actas do I Congreso da Emigración Galega (1956)
  • Denuncia da persecución do galego (1954)
  • Boletín "Centro Social Betanzos"
  • Boletín "Centro Betanzos"
  • Publicación "Centro Betanzos : 100º aniversario"

Conservada en formato papel e microfilme:

  • Revista Betanzos

Centro Betanzos