Showing 21 results

Archival description
Sociedad hijos de Silleda de protección mutua Bos Aires (Cidade)
Print preview View:

Documentación sobre a escola "Rosalía de Castro"

Documentación varia sobre a escola "Rosalía de Castro". Escola nº 1, situada na parroquia de San Salvador de Laro, no lugar de Freixeiro, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1917.

Documentación conservada en formato papel:

  • Escritura de venta (01/06/1913)
  • Pliegos de condicións para a construcción da escola
  • Proxecto de escola: alzados e planta (en papel e en tea)
  • Programa escolar (tamaño A3)
  • Libro de contabilidade da escola (22/10/1929)
  • Inventario de bens (30/06/1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Exercicios do alumnado

Exercicios de lingua de Celso Alonso Rodríguez, alumno dunha escola da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Luciano Folgar a Jesús Blanco

Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda

Esta publicación societaria foi editada para informar das actividades realizadas pola entidade e das novas sociais, incluíndo noticias da actualidade de Silleda, algúns artigos de temática variada e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1979: s.n.
  • 1983: n. 24

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Memoria

Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Borrador de Estatutos

Borrador da reforma dos Estatutos da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" conservado en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia"

Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1920-1921)
  • Planos da escola

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos"

Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1925-1926 e 1931-1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Benito Mauriño

Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel e microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1908-1914

Conservada en formato microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1915-1940

Conservada en formato papel:

Borrador da reforma dos Estatutos
Estatutos aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21/07/1946
Documentación varia sobre as escolas "Rosalía de Castro", "Bernardino Rivadavia" e "Francisco Giner de los Ríos"
Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro dos anos 1955, 1961 e sen data
Alzado da fachada do Hospital e Asilo e da Escola de Lalín
Exercicios de lingua dun alumno dunha escola fundada pola sociedade
Correspondencia recibida durante os anos 20 e 30
Balance económico dunha festa celebrada o día 12/02/1911
"Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda"
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva
Memoria e balance do exercicio 1968-1969
Xornal "Prensa Hispánica : información española"
Partitura musical dun pasodobre adicado á sociedade

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Estatutos

Estatutos da "Sociedad hijos de Silleda cultural y recreativa", aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21/07/1946, conservados en formato papel (orixinal e fotocopia)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" dos anos 1908-1940.

Conservado en formato papel e microficha (275 páxinas):

  • 1908: 15 agosto (acta fundacional); 11 outubro
  • 1909: 15 de agosto; 12 decembro
  • 1910: 16 de outubro
  • 1911: 15 de outubro
  • 1912: 20 de outubro
  • 1913: 19 de outubro
  • 1914: 2 de xaneiro; 8 de outubro

Conservado en formato microficha:

  • 1915: 20 de xuño; 24 de outubro
  • 1916: 9 de abril; 22 de outubro
  • 1917: 4 de febreiro; 10 de xuño; 2 de agosto; 14 de outubro
  • 1918: 13 de outubro; 17 de novembro
  • 1919: 23 de febreiro; 12 de outubro
  • 1920: 11 e 25 de xullo; 10 de outubro
  • 1921: 27 de marzo; 9 de outubro
  • 1922: 19 de marzo; 22 de outubro
  • 1923: 17 de xuño; 14 de outubro
  • 1924: 13 de xaneiro; 8 de xuño; 12 de outubro
  • 1925: 4 de xaneiro; 15 de marzo; 11 de outubro
  • 1926: 11 de outubro
  • 1927: 19 de marzo; 9 de outubro
  • 1928: 13 de outubro
  • 1929: 27 de xullo; 13 de outubro
  • 1930: 12 de outubro
  • 1931: 1 e 21 de febreiro; 17 de maio; 10 de outubro
  • 1932: 29 de abril; 15 de outubro
  • 1933: 14 de xaneiro; 4 de xuño; 14 de outubro
  • 1934: 4 de febreiro; 6 de outubro
  • 1935: 28 de abril; 13 de outubro
  • 1936: 11 de outubro
  • 1937: 10 de outubro
  • 1938: 15 de outubro
  • 1939: 8 de outubro
  • 1940: 28 de febreiro

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Planos do Campo Social de San Isidro

Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel, dos anos 1955, 1961 e sen data.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda"

Carta dirixida ao Secretario da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" para comunicar a constitución da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda", conservada en formato papel. Xunto coa carta ía adxunto un folleto coa convocatoria do II Congreso para a constitución da "Confederación Regional de Agricultores Gallegos" e do "Partido Agrario Gallego" (8 páxinas)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Results 1 to 20 of 21