Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto
1 díptico co programa de actividades a realizar no Salón Castelao pola homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento no 27/09/1973 coa signatura AE/Arxentina/foll5 1 díptico co catálogo de publicacións de Edicións Galicia (década 1970) 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 2 de xullo ao 2 de agosto de 1987, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires 1 folla voandeira co programa do "Cursillo sobre historia de Galicia" impartido por Alfonso Vázquez Monxardin do 28 de setembro ao 21 de outubro de 1987 no Teatro Castelao e recorte de prensa co anuncio 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 29 de xuño ao 25 de xullo de 1988, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, coa signatura AE/Arxentina/foll3 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 19 ao 28 de xullo de 1990, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires 1 folla voandeira co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990 1 tríptico co programa xeral da actividades culturais a realizar no Teatro Castelao do 20 de abril ao 6 de decembro de 1996
Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.