Amosando 8 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Vivero y su comarca Cuba Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

Regulamentos

Regulamentos sociais e de réxime interno da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral o día 09/06/1912 (26 páxinas)
  • Regulamento da Sección de Propaganda da sociedade, aprobado en Xunta da Sección o día 12/01/1914 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 15/08/1915 (30 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 11/11/1922 (27 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 19/01/1932 (30 páxinas)
  • Regulamento do Comité de Damas, aprobado en Xunta Directiva o día 21/07/1943 e sancionado en Xunta Xeral o 28/07/1943 (10 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria os días 30/04/1945 e 02/05/1945 (32 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 04/12/1952 (44 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 15/01/1974 (24 páxinas)

Vivero y su comarca

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dos anos 1960-1973 (60 páxinas)
  • Libro de rexistro dos anos 1972-1999 (178 páxinas)

Vivero y su comarca

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Libro auxiliar de recibos de 01-05/1931 (7 páxinas)
  • Libro diario dende o 01/01/1931 ata o 31/12/1938 (200 páxinas)

Vivero y su comarca

Documentación dos socios

Documentación de socios da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Carnet de Daniel Blanco Cabarcos (1920)
  • Certificado de nacionalidade de Daniel Blanco Cabarcos (1924)
  • Carnet de identidade do emigrante de Jesús Blanco Cabarcos (1930)
  • Carnet de Ignacio Blanco Cabarcos (1934)
  • Carnet de Jesús Méndez Díaz (1949)
  • Carnet de Elsa Blanco Martínez (1957)

Vivero y su comarca

Fotografías

Fotografías da sociedade "Vivero y su comarca", conservadas en formato dixital, de entregas de diplomas, banquetes, reunións da sección de propaganda e da comisión de damas, así como:

  • Fotografías da Billetería "El Nacional", de Méndez y Cía., en San Rafael y Belascoin
  • Fotografía da Compañía Tabacalera Mundial, cuxo propietario era Daniel Blanco Cabarcos
  • Fotografías da Bodega "La Unión Ibérica"

Vivero y su comarca