Amosando 1679 resultados

Descrición arquivística
964 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-07-03-01 · Unidade documental simple · 1926-11-10
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Publicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.

Xogos florais
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CorRu-05-02-01-01 · Unidade documental simple · 1968
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.

En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.

Coral galega Os Rumorosos
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-07-03-02 · Unidade documental simple · 1927-11-10
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Publicación editada con motivo da celebración do XIX aniversario fundacional da entidade celebrado o 10 de novembro de 1927. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa, F. Somoza e fotografías dedicadas dos reis de España e do presidente do goberno, Miguel Primo de Rivera. Consta de noticias sobre as actividades da colectividade galega en Lisboa e da entidade. Hai artigos sobre Galicia e sobre a súa literatura, ademais da reprodución de poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Varela Noriega etc.