Acta fundacional da sociedade "Organización republicana galega autónoma", con data de 22/04/1930.
UntitledLibro de actas das Reunións da Comisión Directiva da sociedade "Organización republicana galega autónoma", conservado en formato microfilme e pdf. Contén as reunións do Consello Executivo da entidade e das Asambleas de socios.
As reunións comezan o 22 de abril de 1930 e rematan o 20 de xullo de 1931:
- 1930: 22 (acta de constitución), 25 e 27 de abril; 9, 11, 16, 23 e 30 de maio; 11, 18 e 25 de agosto; 1, 13, 22 e 29 de setembro; 13 e 27 de outubro; 10, 17, 19 e 24 de novembro; 1 e 22 de decembro
- 1931: 9, 12 e 19 de xaneiro; 2, 9, 16 e 23 de febreiro; 2, 9, 20 e 30 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; 4, 11, 18 e 25 de maio; 1, 8, 15 e 27 de xuño; 6, 13 e 20 de xullo
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato microfilme:
Libro de actas (1930-1931)
Conservada en formato microfilme e papel:
Publicación "Opinión Galeguista"
UntitledEsta publicación de carácter político foi editada pola delegación do Partido Galeguista en Bos Aires. A súa finalidade foi a difusión das ideas nacionalistas no seo da colectividade porteña e informar sobre as actividades organizadas polos galeguistas, tanto en Galicia como na emigración. A maior parte dos artigos versan sobre os postulados do nacionalismo galego e a defensa do proxecto político do Partido Galeguista.
Conservados en formato microfilme e papel:
- 1934: n. 3 (fotocopia)
Conservados en formato microfilme:
- 1934: n. 2
- 1935: n. 4-10