Showing 6 results

Archival description
Centro Gallego de Barcelona Publicacións periódicas
Print preview View:

Centro Gallego de Barcelona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Estatutos (1984)
Convite á homenaxe a Manuel María (2004)
4 folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros (2006-2008)
5 folletos pola festividade do Apóstolo (1955-1996)
9 folletos sobre actuacións teatrais (1975-2005)
Programa das II Jornadas de Galicia en Cataluña (1975)
Programa do III Festival benéfico de habaneras (1976)
Programa do festival folklórico "Aragón y Galicia" (1978)
5 folletos sobre exposicións (1989-2007)
4 programas de actividades (2004-2007)
2 folletos e 1 cartaz sobre actuacións musicais (2006-2007)
Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006
Folleto sobre conferencias (2007)
Folleto sobre o obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego
3 sobres e 1 tarxeta co emblema societario
Memoria de actividades durante o ano 2010
Revista "Galicia en Cataluña : Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña"
Revista "Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona"
Revista "Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Folleto do Concerto Festival Folklórico en conmemoración do 25º aniversario do Centro (1973)
2 artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona (1984-2007)

Centro Gallego de Barcelona

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel (fotocopias):

  • Artigo "O Centro Galego de Barcelona, embaixada de Galicia en Catalunya" publicado no suplemento "Cataventos" do xornal "El Ideal Gallego" do día 28/11/1984.
  • Artigo "A emigración esquecida" de Xerardo da Seara publicado no xornal "Centro Galego de Barcelona" en abril de 2007.

Centro Gallego de Barcelona

Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona

Esta revista societaria pretende difundir «calquer idea que teña que ver cos nosos temas, co amor á terra e á galeguidade [...] A revista do Centro Galego tenta servir a os socios, a os galegos en Catalunya, a galeguidade en xeral, e a nosa Terra». Ten a finalidade de informar sobre os aspectos societarios e de actualidade da colectividade galega en Barcelona («Galegos en Catalunya», «A directiva informa», «Masa coral», etc.). Na publicación tamén aprecen tratados temas galegos en xeral como literatura, lingua, cultura, política, historia, emigración, etc. («Galegos universais», «Gramática Galega», etc.).

Números conservados en formato papel:

1984: n. 12-14

Centro Gallego de Barcelona

Galicia en Catalunya : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Revista societaria "froito do traballo en común realizado polas comunidades galegas en Cataluña para fornecer a Galeguidade". Informa pois das actividades organizadas por varias entidades galegas en Cataluña e tamén hai artigos sobre Galicia (un dos números está dedicado ao concello de Mondoñedo). Non esquecen a cultura e a sociedade catalana na que viven inmersos.

Números conservados en formato papel:

2014
2015

Centro Gallego de Barcelona

Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Esta publicación societaria no momento da súa creación como voceiro do Centro Gallego de Barcelona, pretendía ser «el portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Nas súas páxinas podemos atopar información da acción cultural realizada polo centro na sección «Labor cultural», numerosos artigos de contido variado sobre Galicia con páxinas dedicadas á literatura (contos, poesía, estudios sobre escritores), á cultura popular galega, opinións e vivencias persoais, lembranzas, artigos sobre personalidades galegas, cuestións referentes á lingua galega, etc. Complétase con algún artigo sobre Cataluña e a súa literatura.

Números conservados en formato papel:

2ª época
1953: xaneiro
1955: [xullo]
1956: inverno
4ª época
1974: febreiro, xuño
5ª época
[1987]: n. 3
1989: xuño/xullo
6ª época
1995: xullo
1996: setembro
1997: decembro
1998: xuño
1999: maio
2001: decembro
2002: decembro
2003: decembro
2004: decembro
2005: decembro
2007: abril
2012: xullo
2013: agosto

Centro Gallego de Barcelona