Amosando 28 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Previsualización da impresión Ver:

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

"Retrospectiva 2006"

Folleto coas actividades desenvolvidas pola Asociación durante o ano 2006, conservado en formato papel.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Sociedade Cultural Caballeros de Santiago

Publicación societaria na que a entidade editora informa de todas as actividades culturais e recreativas organizadas na entidade. Tamén dan a coñecer os cursos de español, de baile tradicional etc. que ofertan a colectividade.

Números conservados en formato papel:

2000: n. 24 (40º aniversario)
2001: n. 25-28
2002: n. 29-32
2003: n. 33-35
2004: n. 36
2005: [n.s.] xaneiro-decembro (45º aniversario)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Resultados 21 a 28 de 28