Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76
Estatutos da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" revisados e ordenados en Asemblea Xeral Extraordinaria o día 07/02/1991, conservados en formato papel.
Sin títuloEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Publicación societaria "Centro Gallego del Perú"
Sin títuloEste boletín societario aspira segundo o seu editorial a «contribuir para dejar un testimonio de la existencia de la galleguidad en Perú». Destaca a información sobre os actos sociais realizados pola entidade, que se complementa con artigos, opinións e notas de temática moi variada: noticias de Galicia, discusións lingüísticas, experiencias persoais de emigrantes en Perú e algunha colaboración literaria.
Números conservados en formato papel:
1ª etapa:
1994: n. 1
1995: n. 2
1996: n. 3-4
1998: n. 5
2ª etapa:
2000: [n.s.] n. 2
Sin títuloEste boletín informativo está editado pola Sociedad Española de Cochabamba para informar aos españois residentes en Bolivia das actividades da entidade e da política española en relación cos españois que viven alén das nosas fronteiras, visitas de persoeiros españois, datos históricos da cooperación española, etc.
Número conservado en formato papel:
2000: n. 3
Sin títuloEsta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.
Número conservado en formato papel:
1983: n. 1
Sin títuloEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Estatutos renovados e Regulamento Xeral (19/11/1948)
Carta enviada ao AEG (29/10/1996)
Programa dunha actuación musical (1988)
Revista "Anduriña"
"Revista colonia española de México"
Conservada en formato microfilme:
Revista "Acción Española : Órgano oficial de los centros Unión Montañesa y Centro Gallego"
Sin títuloEsta publicación societaria foi creada para informar aos emigrantes españois residentes no país azteca e difundir as súas actividades sociais.
Número conservado en formato papel:
1997: n. 9
Sin títuloCartas sobre a Revista "Vieiros", editada polo "Padroado da Cultura Galega de México", conservadas en formato papel (fotocopias):
- Carta informando da creación da revista (abril 1959)
- Carta enviada a Manuel Gurriaran El Barco con motivo do envío do n. 3 da publicación (20/11/1965)
Recorte de prensa co manifesto "Os Galegos no Día de Galicia" publicado o día 25/07/1969, conservado en formato papel.
Sin título