Amosando 5658 resultados

Descrición arquivística
Opcións de busca avanzada
Previsualización da impresión Ver:

60 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Acta de fusión

Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:

  • Acta nº 5 do día 18/10/1987 (2 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Acta fundacional

Acta fundacional do Centro Galaico Venezolano (08/12/1990), conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Galaico Venezolano

Actas

Actas que deron lugar á constitución da Xunta de Organizacións Galegas en Europa, conservadas en formato papel:

  • 1980: 2 e 3 de febreiro, 1 e 2 de marzo, 14 e 15 de xuño, 5 de xullo, 14 de setembro, 4 e 5 de outubro, 8 e 9 de novembro
  • 1981: 31 de xaneiro e 1 de febreiro, 28 e 29 de marzo, 28 e 29 de novembro

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Actas da Comisión Executiva

Actas das reunións da Comisión Executiva da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, conservadas en formato papel:

  • 1980: 29 de marzo; 10 de maio; 14 de setembro; 18 e 29 de novembro; 6 de decembro
  • 1981: 24 de xaneiro; 14 de febreiro; 14 de marzo; 11 de abril; 21 de novembro

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Actas sobre a constitución da sociedade en España

Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:

  • Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
  • Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
  • Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Resultados 81 a 100 de 5658