Amosando 12 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Vivero y su comarca Viveiro
Previsualización da impresión Ver:

Vivero y su comarca

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1937-1943)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1918-1936)
Regulamento (1912)
Regulamento da Sección de Propaganda (1914)
Regulamento xeral (1915)
Regulamento xeral (1922)
Regulamento xeral (1932)
Regulamento do Comité de Damas (1943)
Regulamento xeral (1945)
Regulamento xeral (1952)
Regulamento xeral (1974)
Revista "Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca"

Conservada en formato dixital:

Regulamento de exención do Servizo Militar activo (1926)
Carta enviada polo Alcalde de Viveiro (1919)
Libro de rexistro de socios (1960-1973)
Libro de rexistro de socios (1972-1999)
Libro auxiliar de recibos (1931)
Libro diario de contabilidade (1931-1938)
6 documentos dos socios
12 fotografías

Conservada en formato papel:

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)

Vivero y su comarca

Regulamentos

Regulamentos sociais e de réxime interno da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral o día 09/06/1912 (26 páxinas)
  • Regulamento da Sección de Propaganda da sociedade, aprobado en Xunta da Sección o día 12/01/1914 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 15/08/1915 (30 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 11/11/1922 (27 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 19/01/1932 (30 páxinas)
  • Regulamento do Comité de Damas, aprobado en Xunta Directiva o día 21/07/1943 e sancionado en Xunta Xeral o 28/07/1943 (10 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria os días 30/04/1945 e 02/05/1945 (32 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 04/12/1952 (44 páxinas)
  • Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 15/01/1974 (24 páxinas)

Vivero y su comarca

Carta do Alcalde de Viveiro

Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.

Vivero y su comarca

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dos anos 1960-1973 (60 páxinas)
  • Libro de rexistro dos anos 1972-1999 (178 páxinas)

Vivero y su comarca

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Libro auxiliar de recibos de 01-05/1931 (7 páxinas)
  • Libro diario dende o 01/01/1931 ata o 31/12/1938 (200 páxinas)

Vivero y su comarca

Documentación dos socios

Documentación de socios da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital:

  • Carnet de Daniel Blanco Cabarcos (1920)
  • Certificado de nacionalidade de Daniel Blanco Cabarcos (1924)
  • Carnet de identidade do emigrante de Jesús Blanco Cabarcos (1930)
  • Carnet de Ignacio Blanco Cabarcos (1934)
  • Carnet de Jesús Méndez Díaz (1949)
  • Carnet de Elsa Blanco Martínez (1957)

Vivero y su comarca

Fotografías

Fotografías da sociedade "Vivero y su comarca", conservadas en formato dixital, de entregas de diplomas, banquetes, reunións da sección de propaganda e da comisión de damas, así como:

  • Fotografías da Billetería "El Nacional", de Méndez y Cía., en San Rafael y Belascoin
  • Fotografía da Compañía Tabacalera Mundial, cuxo propietario era Daniel Blanco Cabarcos
  • Fotografías da Bodega "La Unión Ibérica"

Vivero y su comarca

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca