Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores : memoria y balance general

Esta publicación societaria foi editada para informar aos socios do balance económico anual da entidade e das diversas actividades realizadas durante ese período.

Números conservados en papel:

1949: xaneiro (30º aniversario), decembro (31º aniversario)
1950: decembro (32º aniversario)
1951: decembro (33º aniversario)

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Enquisas ao IACG

Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Boletín oficial del Centro Gallego

Esta publicación societaria está editada polo Centro Gallego de Buenos Aires para informar sobre as súas actividades sociais e a súa vida interna (doazóns, socios ingresados, servizos médicos, resolucións da directiva, movementos de caixa, memorias anuais, etc.). Complétase con artigos referidos a Galicia, á sociabilidade dos emigrantes, coa defensa sobre a necesidade de asociación dos emigrantes en institucións afins e a defensa dos galegos residentes na Arxentina.

Números en papel:

1921: n. 99; 101-102; 104-106; 108

Números dixitalizados:

1913: n. 1-12
1914: n. 13-24
1916: n. 37-48
1917: n. 49-58, 60
1918: n. 61-62, 65-72
1919: n. 73-75, 77-84
1920: n. 85-96
1921: n. 97-109
1922: n. 110-121
1923: n. 122-133
1924: n. 134-145
1925: n. 146-157
1926: n. 158-163

Centro Gallego de Buenos Aires

España Solidaria : Periódico Informativo del Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Xornal informativo onde se informa sobre as actividades da entidade editora e de todas as axudas económicas do goberno español para os emigrantes maiores. No primeiro número hai unha entrevista ao conselleiro laboral da Embaixada de España en Arxentina. Tamén hai artigos de carácter cultural: na última páxina hai un artigo asinado por Camilo José Cela que trata da morriña en Galicia.

Número en papel:

1992: n. 1 (julio)

Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Carta coa enquisa Censo Cultural

Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.

A enquisa reflicte os seus datos sobre Entidades.

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Homenaje al Maestro

Folleto homenaxe a Manuel Urbano García Pose, director musical do conxunto "Airiños" da entidade.

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Irmáns : Boletín de la Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

Este boletín societario foi creado no ano 1990 para difundir os propósitos da sociedade editora, a súa declaración de principios, actividades, etc. Tamén inclúe algún breve artigo sobre o Día das Letras Galegas, a cultura galega e personalidades galegas.

Números conservados en papel:

1990: n. 0 (8 páxinas)
1996: n. 6 (15 páxinas)
1998: n. 7 (7 páxinas)
2000: n. 8 (14 páxinas)
2002: xuño (34 páxinas)
2006 (38 páxinas)

Revista Xuve-Breogán

Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1991: n. 1, 3
1992: n. 4

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Results 61 to 80 of 5662