Amosando 5662 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

77 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as súas actividades de carácter cultural e social e outros aspectos arredor da mesma (infraestruturas, relacións institucionais, órganos directivos, etc.). Combina esta información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural arredor de Galicia, España ou Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, opinións de intelectuais, etc.) e reproducións de artigos doutros xornais.

Números conservados en formato papel:

1973: n. 8-10
1990: 30º aniversario
1994: decembro
1995: abril
2000: 40º aniversario
2005: 44º aniversario

Hermandad Gallega de Venezuela

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

A Irmandade : Revista socio cultural de la Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Venezuela como o seu voceiro oficial coa finalidade de «lograr un mayor acercamiento entre los socios, promover y apoyar el acervo cultural gallego, y ofrecer a los lectores una información actualizada, auténtica y veraz». A revista contén unha ampla información arredor da sociedade: relacións institucionais, visitas, infraestructuras, reunións, actividades sociais e culturais realizadas, etc. Combina esta información con artigos histórico-culturais, seccións de ocio e reportaxes especiais de temática diversa.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 0-1

Hermandad Gallega de Venezuela

Xerme : Voceiro do Movemento Nova Galiza

Esta revista política nacionalista xorde co obxectivo manifesto de loitar pola cultura galega, o idioma, os costumes e o dereito a ser galegos nunha Galicia próspera, sen emigración e independente do Estado español. Contén artigos, notas e outro tipo de escritos de carácter histórico, cultural, económico e político relativos a Galicia. Complétase cunha serie de noticias arredor da nosa terra e das colectividades galegas no exterior, e con seccións musicais, deportivas e de humor, entre outras.

Números conservados en formato papel:

1980: n. 22
1981: n. 35-36, 38-39
1982: n. 41-42, 44-45

Hermandad Gallega de Venezuela

Boas Novas : Boletín Informativo mensual da Irmandade Galega

Esta revista segue o esquema típico da prensa societaria, incluíndo información relativa á composición e organización da entidade editora, con noticias sobre directivas, socios, comités internos, etc. e sobre os diferentes aspectos da vida social e cultural da mesma.

Número conservado en formato papel:

1979: n. 5

Hermandad Gallega de Venezuela

Punto de Unión : Revista Informativa de la Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria ten como obxectivo, segundo o editorial do seu primeiro número, «(...) difundir las actividades internas y estrechar los lazos de unión de la gran familia que es nuestra querida Hermandad». A revista informa das actividades culturais e sociais desenvolvidas pola sociedade, a súa organización e composición (directivas, comités, funcións, etc.), e outros aspectos de interese para os socios.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 1
1988: n. 2-4

Hermandad Gallega de Venezuela

Retratos de presidentes

Fotografías de retratos pictóricos da galería de presidentes da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservadas en formato dixital:

  • 2 fotografías de grupo
  • 1 fotografía de Ángel Feijoo, presidente en 1960-1961
  • 1 fotografía de Emilio Varela Vidal, presidente en 1961
  • 1 fotografía de Vicente Barcia Portela, presidente en 1962
  • 1 fotografía de Rogelio Moran Garcia, presidente en 1963
  • 1 fotografía de Álvaro Rodriguez, presidente en 1964-1965
  • 1 fotografía de José Gallego Pérez, presidente en 1966
  • 1 fotografía de Alfredo Caamaño Suarez, presidente en 1967
  • 1 fotografía de Jose Álvarez Tesouro, presidente en 1968-1970
  • 1 fotografía de Carlos Cabido Vaamonde, presidente en 1971
  • 1 fotografía de Jose Gerpe Pallares, presidente en 1972
  • 1 fotografía de Antonio Castro Rodríguez, presidente en 1972
  • 1 fotografía de Antonio Alvarez Tesouro, presidente en 1973-1974
  • 1 fotografía de Antonio Piñón Ferreiro, presidente en 1974-1975
  • 1 fotografía de José Cendón Muradas, presidente en 1976-1977
  • 1 fotografía de Felipe Somoza Outeiral, presidente en 1977-1978
  • 1 fotografía de José Varela Gil, presidente en 1979-1981
  • 1 fotografía de Manuel Ramos López, presidente en 1981-1983
  • 1 fotografía de Manuel Ulloa, presidente en 1983-1985 e en 1995-1997
  • 1 fotografía de Eduardo Meilán Sánchez, presidente en 1985-1987
  • 1 fotografía de Benito Álvarez Nieto, presidente en 1989-1991
  • 1 fotografía de Delmiro Perez, presidente en 1991-1993, en 1997-1999 e en 1999-2001
  • 1 fotografía de Luis Lorenzo Montenegro, presidente en 1993-1995
  • 1 fotografía de Manuel Dieguez Otero, presidente en 2001-2003
  • 1 fotografía de Felisindo Lopez Lorenzo, presidente en 2003-2005

Hermandad Gallega de Venezuela

Documentación electoral

Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.

Hermandad Gallega de Venezuela

Álbum conmemorativo

Álbum conmemorativo da fundación da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital:

  • "Hermandad Gallega de Venezuela : Álbum conmemorativo de la constitución de la Hermandad" (188 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Contrato de compra-venta

Contrato de compra-venta da "Hermandad Gallega de Venezuela" conservado en formato dixital:

  • Contrato do día 30/12/1964 (10 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Libros de ouro

Libros de ouro da "Hermandad Gallega de Venezuela", que recollen sinaturas de visitantes destacados, conservados en formato dixital:

  • Libro de ouro do 25/01/1969 (6 páxinas)
  • Libro de ouro do 17/04/1985 (8 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Resultados 121 a 140 de 5662