Showing 3 results

Archival description
Centro Gallego de Barcelona Teatro
Print preview View:

Centro Gallego de Barcelona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Estatutos (1984)
Convite á homenaxe a Manuel María (2004)
4 folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros (2006-2008)
5 folletos pola festividade do Apóstolo (1955-1996)
9 folletos sobre actuacións teatrais (1975-2005)
Programa das II Jornadas de Galicia en Cataluña (1975)
Programa do III Festival benéfico de habaneras (1976)
Programa do festival folklórico "Aragón y Galicia" (1978)
5 folletos sobre exposicións (1989-2007)
4 programas de actividades (2004-2007)
2 folletos e 1 cartaz sobre actuacións musicais (2006-2007)
Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006
Folleto sobre conferencias (2007)
Folleto sobre o obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego
3 sobres e 1 tarxeta co emblema societario
Memoria de actividades durante o ano 2010
Revista "Galicia en Cataluña : Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña"
Revista "Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona"
Revista "Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Folleto do Concerto Festival Folklórico en conmemoración do 25º aniversario do Centro (1973)
2 artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona (1984-2007)

Centro Gallego de Barcelona

Folletos sobre actuacións teatrais

Folletos do "Centro Gallego de Barcelona" sobre actuacións teatrais, conservados en formato papel:

  • 1 díptico (214 x 150 mm): A agrupación teatral Valle-Inclán representa "Una noche de primavera sin sueño" de E. Jardiel Poncela o día 20/12/1975.
  • 1 cartaz (tamaño A4): Un grupo do centro representa a comedia "O menciñeiro á forza" de Moliére, traducida por Xosé Manuel Carballo e dirixida por Franciso A. Ferrio, o día 12/05/1975.
  • 1 tríptico (215 x 104 mm): Un grupo do centro representa a obra "Una cigüeña bromista" de Andre Roussin dirixida por Francisco A. Ferrio, o día 12/03/1977.
  • 1 díptico (214 x 150 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Nin me abandonarás nunca" de José G. Posada Curros e Luís de Gálvez, traducida ao galego por Xosé Luis Méndez Ferrín, o día 21/06/1992.
  • 1 díptico (214 x 150 mm): Felicitación de Nadal da Presidenta do Centro Galego de Barcelona na que inclúe o convite a unha cea, e as actuacións previstas para o día 19/12/1993 do grupo de teatro e o coro Lonxe da Terra.
  • 1 tríptico (215 x 103 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Os cravos de prata" de Nicolás Bela na súa versión galega de Francisco Pillado Mayor o día 18/01/1997.
  • 1 díptico (210 x 105 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "O enfermo imaxinario" de Moliére, traducida por Manuel Guede, baixo a dirección de Francisco A. Ferrio, o día 29/11/1997.
  • 1 tríptico (215 x 103 mm): O Centro organiza a representación de "Usted puede ser un asesino" de Alfonso Paso.
  • 1 folla voandeira (98 x 214 mm): Convite aos dous pases da representación da comedia galega "Bicos con lingua" os días 11 e 12 de febreiro de 2005.

Centro Gallego de Barcelona