Amosando 11 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

A Catrapola : Voceiro da Xente Nova do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo

Esta publicación societaria inclúe unha relación de asuntos de interese para a colonia galega residente en Euskadi (convocatorias de premios, concursos, campamentos de verán, voluntariado social, etc.) e a exposición de traballos orientados a ampliar os coñecementos sobre Galicia e a súa historia, que se completan con colaboracións literarias e informacións diversas.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-1

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Bases do concurso infantil de redacción

Bases do concurso infantil de redacción organizado polo Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, conservadas en formato papel:

  • Tríptico coas bases do concurso de 1989, adicado a Celso Emilio Ferreiro (214 x 100 mm)
  • Díptico coas bases do concurso de 1994, adicado a Luis Seoane (215 x 151 mm)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Carta coas enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación"

Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:

  • Memoria e fins societarios
  • Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Estatutos (1989)
Carta enviada ao Arquivo da Emigración Galega (1991) con documentación adxunta:

  • Memoria e fins societarios
  • Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural
    Programas das festas de Santiago:
  • Folleto das festas de 1982
  • Folleto das festas de 1984
  • Folleto das festas de 1986
  • Folleto das festas de 2005
  • Folla voandeira das festas de 2005
    Bases do concurso infantil de redacción:
  • Tríptico coas bases do concurso de 1989
  • Díptico coas bases do concurso de 1994
    Marcapáxinas publicitario do número 40 da revista "O xistral"
    Revista "Vagalume"
    Revista "O Xistral"
    Revista "A Catrapola : Voceiro da Xente Nova do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo"
    Revista "Revista Cultural"
    Boletín "Festas do Santiago"

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Festas do Santiago

Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.

Números conservados en formato papel:

1984 (220 x 156 mm)
1986 (215 x 150 mm)
2005 (tamaño A4)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Marcapáxinas publicitario

Marcapáxinas publicitario do número 40 da revista "O xistral", editada polo Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

O Xistral

Esta publicación societaria foi creada como voceiro oficial do Centro Galego para dar información relativa á dita entidade: balances económicos, reunións e cambios nas directivas, actividades (entre as que destacan a Semana das Letras Galegas e o Día de Euskadi), etc. Inclúe ademais numerosos artigos sobre diferentes eidos da cultura galega: lingua e literatura («Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego»), historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e pobos de Galicia, rutas turísticas, etc. Complétase con noticias da actualidade, colaboracións literarias e seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas, sanitarias, páxinas de humor e pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 0-2
1988: n. 3-6
1989: n. 7-9
1990: n. 10-13
1991: n. 14-17
1992: n. 18-21
1993: n. 22-25
1994: n. 26-29
1995: n. 30-33
1997: n. 34
1998: n. 35
1999: n. 36
2000: n. 37
2001: n. 38
2002: n. 39
2003: n. 40
2004: n. 41
2006: n. 42
2009: n. 45
2010: n. 46
2013: n. 49

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Programa das festas de Santiago

Programa das festas de Santiago organizadas polo Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo para o ano 2005, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Revista Cultural

Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante").
Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.

Número conservado en formato papel:

2005

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Vagalume

Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.

Número conservado en formato papel:

1981: n. 0

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo