Amosando 10 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

A lareira : voceiro da Casa de Galicia, Asociación Cultural

Esta publicación societaria comeza a editarse en 1985 coma un novo voceiro oficial da entidade editora, para informar aos seus socios das actividades do centro e de diversas cuestións do seu interese.

Números conservados en formato papel:

1985: n. 5
1986: n. 6-7
1987: n. 9-10
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1992: n. 15

Casa de Galicia de París

A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia

Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 2-3

Casa de Galicia de París

Boletín Casa de Galicia

Esta publicación de carácter político foi editada pola Casa de Galicia de París, coa pretensión de difundir as ideas nacionalistas, centrándose en moitas ocasións no problema da lingua galega. Complétase con novas de carácter artístico e literario e información deportiva.

Números conservados en formato papel:

[1977] (orixinal)
[1978] (fotocopias)

Casa de Galicia de París

Carta aos consocios

Carta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).

Casa de Galicia de París

Casa de Galicia de París

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos
Regulamentos

Revista "A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia"
Revista "A lareira : voceiro da Casa de Galicia, Asociación Cultural"
Boletín Casa de Galicia

Conservada en formato papel (fotocopias):

Regulamentos
Boletín "Galicia en París : Boletín Casa de Galicia"

Casa de Galicia de París

Tarxeta social

Tarxeta de presentación do "Coro Alborada" da Casa de Galicia de París, conservada en formato papel (fotocopia).

Casa de Galicia de París