Amosando 6 resultados

Descrición arquivística
Irmandade galega de Buenos Aires
Previsualización da impresión Ver:

A Nosa Terra : periódico galego

Esta publicación política nacionalista, editada pola Irmandade Galega de Bos Aires, retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que é continuadora. O xornal informa dos propósitos dos grupos nacionalistas de Bos Aires e América, describindo as súas actividades. Tamén contén informacións sobre a situación da colectividade e de Galicia, aparecendo comentarios sobre a situación política e social galega.

Formato facsímil:

4 volumes encadernados (340 x 250 mm):

v. 1: 1942-1945: n. 425-443
v. 2: 1946-1948: n. 444-466
v. 3: 1949-1951: n. 467-478
v. 4: 1951-1972: n. 479-518

Fotocopias (tamaño A4):

1944: n. 432-433
1945: n. 442
1946: n. 448-451, 454
1947: n. 458
1948: n. 461, 464, 466
1949: n. 469
1951: n. 479
1953: n. 483
1954: n. 489
1955: n. 494
1961: n. 503
1963: n. 506
1964: n. 507
1968: n. 509
1969: n. 512
1970: n. 513-514

Irmandade galega de Buenos Aires

Adiante : Orgao das Mocedades galeguistas

Esta publicación de carácter político foi editada para informar das actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia, desde postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica nas seccións «Da Galiza asoballada» e «O Fungueiro» (notas críticas da actualidade galega e da colectividade).

Números orixinais:

1954: n. 1-3
1955: n. 4

Número fotocopiado:

1956: n. 5

Irmandade galega de Buenos Aires

Folleto

Conferencia pronunciada por Antón Alonso Ríos no Centro Orensano en memoria do mariscal Pardo de Cela, que incorpora verbas de Castelao

Irmandade galega de Buenos Aires

Folleto

A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959

Irmandade galega de Buenos Aires

Irmandade Galega de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

  • Conferencia en memoria do mariscal Pardo de Cela
  • Folla informativa sobre o II Congreso de la Emigración Española a Ultramar
  • Xornal "A Nosa Terra"
  • Revista "Adiante"

Conservada en formato dixital:

  • Revista "Agromar : Labouras patrióticas e culturales da coleitividade galega de Bos Aires e das de outros países"

Irmandade galega de Buenos Aires