Amosando 7 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Cuba Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Cultura Hispánica

Publicación societaria, continuadora de Cultura Gallega, pero que sofre un cambio importante na súa liña editorial, pois abandona a orientación galeguista anterior e pretende "difundir el conocimiento de los valores espirituales de la gran familia hispánica en el mundo, propendiendo particularmente a la mayor identificación entre cubanos y españoles". A revista está centrada nos temas e actividades da Sociedade e, a pesar do cambio de orientación, continúa a tratar aspectos variados da cultura galega: actualidade, historia, literatura, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1958: 2ª época, n. 16 (fotocopias)
  • 1997: 3ª época, xullo/set. (orixinal)

Agrupación artística gallega

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

La Unión Mugardesa : revista mensual

Revista de tirada mensual que comezou a súa andadura o 1 de xullo de 1912, "consagrada á los intereses de la Sociedad Unión Mugardesa de Instrucción establecida en La Habana", como indica na súa portada.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1912: n. 1-2

Unión Mugardesa

Unión Mugardesa de Instrucción

Esta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1918: n. 4 (extraordinario)
1922: n. 5-6

Unión Mugardesa

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca