Amosando 1575 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia
Previsualización da impresión Ver:

45 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Rianxo : Revista editada por la sociedad Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1943: n. 1

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Rianxo : Revista social

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1948: [s.n.]
1951: [s.n.]; n. 4

Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas)

Listaxe de socios

Listaxe de socios da "Sociedad Hijos de Lestrove" (3 páxinas) conservada en PDF e en microfilme.

Sociedad hijos de Lestrove

Libros de Actas das reunións das Comisións

Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas da sociedade "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" correspondentes aos anos 1936-1939, conservados en formato dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Residentes de Dodro" durante os anos 1940-1947 e 1949-1955, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)

Centro Arzuano Mellidense

Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva (1913-1917)

Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da entidade:

  • 1913: 26 de outubro; 12 de deccembro
  • 1914: 5, 11, 24 e 29 de xaneiro; 14 e 28 de febreiro; 14 de marzo; 11, 19 e 26 de abril; 9 e 30 de maio; 6, 14 e 27 de xuño; 11 e 25 de xullo; 8, 19 e 26 de agosto; 12 de setembro; 11, 26 e 31 de outubro; 14 de novembro; 12, 13 e 26 de decembro
  • 1915: 23 e 30 de xaneiro; 13 e 27 de febreiro; 13 e 27 de marzo; 21 de abril; 7 e 21 de maio; 12, 13 e 26 de xuño; 10 e 31 de xullo; 15 e 28 de agosto; 11 de setembro; 10 e 31 de outubro; 18 e 28 de novembro; 12 de decembro
  • 1916: 29 de xaneiro; 26 de febreiro; 5 e 10 de marzo; 2 e 29 de abril; 14 e 27 de maio; 11 e 24 de xuño; 8, 16 e 29 de xullo; 12, 20 e 26 de agosto; 9 e 30 de setembro; 14 e 28 de outubro; 5 e 25 de novembro; 9, 17 e 30 de decembro
  • 1917: 13 e 27 de xaneiro; 10 e 24 de febreiro; 10 de marzo; 8, 14 e 28 de abril; 12 e 26 de maio; 9, 10 e 30 de xuño; 14, 21 e 29 de xullo; 12 e 26 de agosto; 9 de setembro; 6 e 28 (2) de outubro; 11 e 25 de novembro; 8, 15 e 30 de decembro

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Carta e enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega

Carta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:

  • "As Sociedades Galegas no Mundo"
  • Censo Cultural, "Medios de Comunicación"
  • Censo Cultural, "Entidades"

Centro Orensano de Montevideo

Enquisa "Censo Cultural"

Enquisa "Censo Cultural" enviada polo "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor" ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

O Irmandiño : Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai

Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

Números conservados en formato dixital:

1ª época, 1934-1936
2ª época, 1958-1961

Números conservados en formato papel (fotocopias):

2ª época:
1958: n. 1
1959: n. 2

Irmandade galeguista d'o Uruguai

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no Mundo" enviada polo "Centro de estudios galegos no Ceará" ao Arquivo da Emigración Galega o día 07/10/1998, conservado en formato papel (fotocopias).

Centro de estudios galegos no Ceará

Resultados 1 a 20 de 1575