Fondo AE-ES-IrGaRub - Irmandade Galega de Rubí

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-IrGaRub

Título

Irmandade Galega de Rubí

Data(s)

  • 1981-05-24 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con 2 cartas, 1 enquisa, 2 folletos, 1 calendario e 1 emblema
2 carpetas con 1 publicación societaria

Área de contexto

Nome do creador

(1981-05-24 ata a actualidade)

Historia administrativa

A Irmandade Galega de Rubí foi fundada un 24 de maio de 1981 por un grupo de galegos residentes na poboación catalana de Rubí. Dende un primeiro momento tiveron como lema "Manter e difundi-la nosa cultura, costumes, folclore, lingoa e gastronomía".
Nos primeiros estatutos sociais decláranse abertos aos emigrantes galegos en Cataluña ou a calquera persoa interesada na problemática de Galicia. E manifestan como fins da entidade: favorecer a relación entre os emigrantes galegos, mantendo e fomentando o sentido da identidade nacional galega; facilitar a comunicación entre os galegos e os restantes habitantes de Cataluña e as súas respectivas culturas; manter unha conexión constante coa realidade de Galicia, informando e aportando alternativas; contribuir ó desenrolo e promoción da cultura galega en todos os aspectos; traballar para a normalización do idioma galego.
Pouco despois da súa creación organizan unha agrupación folclórica de gaitas e baile "Irmandade Galega de Rubí" formada polos socios e os seus fillos e que participan nas diversas actividades culturais e recreativas que organiza a entidade. No ano 1988 editan o primeiro número do Boletín informativo "O Pardao", voceiro da entidade, que ten periodicidade mensual e que se segue a publicar na actualidade.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (fotocopia):

Carta (1999)

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Carta (2002)
2 dípticos co programa da festa galega con motivo do Día das Letras Galegas (2007-2008)
Calendario e emblema societario
Revista "O Pardao : a revista de cultura galega"

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español
  • galego

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 26/06/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Lugares relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/SOC/E-3/II
  • Caixa: AE/Rev/E-7/II-1
  • Caixa: AE/Rev/E-7/II-2