Irmandade Galega na Suiza

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Irmandade Galega na Suiza

Forma(s) paralea(s) do nome

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • I.G.S.

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1973-10-10 ata a actualidade

Historia

O día 10 de outubro do 1973, un pequeno grupo de galegos emigrados na Xenebra, decidiron a formación dunha sociedade galega cultural, social, deportiva e recreativa.
A partires dese momento realizaron numerosos actos culturais e recreativos, fundaron unha sección de fútbol, un grupo de teatro, un grupo folclórico... e adheríronse a outros organismos de espallamento e defensa dos dereitos dos emigrantes, non soamente da Suíza, senón tamén en Galicia, no Estado español e noutros países.

En 1974 adheríronse a Federación Mundial de Sociedades Galegas (FMSG) e posteriormente a Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE). Tamén formaron parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).

Segundo os seus Estatutos, aprobados en decembro de 1973 e redactados en galego, os seus obxectivos son:

  • Desenvolvemento por tódolos medios posibles, no senso da afirmación da língua, do arte e da cultura do pobo galego e dos seus valores nacionais.
  • Axuda e apoio moral e social ós galegos da Xenebra na resolución dos problemas derivados da súa situación de emigrantes.
  • Desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e de recreo, para os galegos emigrados na Xenebra.
  • Promoción de toda clase de actos culturais galegos no seno da emigración galega en Suiza.
  • Desenvolvemento da colaboración e de traballos comúns coas entidades galegas da terra e da emigración galega.

No local social dispoñen de sala de actos, bar, biblioteca, cociña e servizos.

Publican o voceiro "Irmandade", imparten cursos de galego, contan cun grupo de teatro e outro de danzas e gaitas, celebran as Festas do Entroido, Magosto e San Xoán.

Prestan os socios axuda e xestión en problemas laborais, administrativos e sociais, realizan visitas a doentes e familiares nos casos de enfermidade, accidente ou defuncións e participan en festas benéficas.

Lugares

Europa
España
Galicia
Suiza
Xenebra

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Culturais e recreativas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Federación de Sociedades Galegas na Suiza (1980-11-29 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-SU-FSGS

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

Descrición da relación

A Irmandade Galega na Suiza (Xenebra) formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS)

Entidade relacionada

Xunta de Organizacións Galegas en Europa (1981-11-29 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-FR-XOGE

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

Descrición da relación

A Irmandade Galega na Suiza (Xenebra) formou parte da Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE)

Entidade relacionada

Federación Mundial de Sociedades Gallegas (1968-04-20 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-ES-FMSG

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

Descrición da relación

A Irmandade Galega na Suiza (Xenebra) formou parte da Federación Mundial de Sociedades Gallegas (FMSG)

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-SU-IrGaSu

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Creada por Adriana Cousillas o 17/07/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG
Sixirei Paredes, Carlos. Asociacionismo Galego no exterior. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 2001

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados