Esta entidade foi creada tras a fusión do "Centro Villalbés" (1914) e da "Sociedad de residentes del ayuntamiento de Cospeito" (1926), creada ésta última por un grupo de ex-socios do Centro Villalbés.
Xa no ano 1932 comezan a ter reunións as directivas de ambas as dúas entidades para fusionarse "en vista de que los fines que perseguían estas dos sociedades eran iguales (...) lo más justo y conveniente para todos, era unirse en una sola institutción para que así la obra social fuese mucho más eficaz (...)".
Publicado
Parcial
Borrador
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" de 1938-1945 (193 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
A propia institución
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Dispoñible acceso en liña e consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica