Unidade documental composta 01 - Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Ferr-02-02-01-01

Título

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Data(s)

  • 1909 - (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

4 libros

Área de contexto

Nome do creador

(1909-06-14 ata a actualidade)

Historia administrativa

Sociedade fundada na Habana polos emigrantes da comarca de Ferrol o 14 de xuño de 1909; o xerme desta entidade é a creación da agrupación "Juventud Ferrolana" o ano 1908 para participar nos actos programados con motivo da visita do buque-escola "Nautilus".
En xullo do ano seguinte reúnense nos salóns do Centro Gallego, baixo a presidencia interina de Adelardo Novo, un numeroso grupo de ferroláns e naturais dos concellos de Serantes, Narón, Neda, Valdoviño, Moeche e San Sadurniño que acordan constituír a "Sociedad de Instrucción, Recreo y Beneficencia Ferrol y su Comarca". Destes ferroláns alí reunidos, saíron os primeiros directivos fundacionais: Dr. Fontenla Leal, José García, Juan Domínguez, Angel Campos, José Fernández, Francisco Castro, Amador Freire Galdo e Andrés Luaces. Ángel Velo Filgueira foi o seu primeiro presidente, Adelardo Novo vicepresidente e Guillermo Cedrón secretario.
O seu obxectivo principal era facer desaparecer o analfabetismo nos lugares das zonas referidas e establecer varios premios en metálico para os gandeiros que acudisen ao concurso de gando que anualmente se celebraba en Ferrol polas festas na honra do marqués de Amboage.
A súa actividade a prol do ensino relanzaríase tras a chegada de Cedrón Gómez á presidencia da entidade en xaneiro de 1911; durante esta etapa, crean varias delegacións en diferentes localidades da illa, como Sagua ou Batabanó. Como forma de financiación e tamén de hermanamento dos socios organizaban bailes, verbenas e veladas teatrais, como as representacións no teatro Politeama.
O 5 de xuño de 1923 foi inaugurada a escola de Moeche, construída pola Sociedade.
Outra das súas iniciativas foi a edición do "Boletín de Ferrol y su Comarca", como órgano oficial da sociedade. O primeiro número desta publicación sae á luz en febreiro de 1911 e con periodicidade variable, mantense polo menos ata maio de 1912, cando se interrompe pola publicación da revista "Pro-Galicia". Outra iniciativa foi a creación dun órgano de expresión propio das sociedades galegas de instrución como "Labor Gallega", que aparece en decembro de 1913 dirixida polo ferrolán Juan Vicente Martínez Quenlle.
Esta entidade participou nas campañas de reivindicación do Comité Antiforal de Teis e do Comité Redencionista, colaborou económicamente no sostén da Real Academia Gallega e fixo varias doazóns á agrupación musical ferrolá "Airiños da miña Terra" entre outras actividades na súa terra natal.
En 1952 inauguran no Cemiterio "Colón" o panteón da Sociedade.
O seu actual presidente é Domingo Regueiro Regueiro e moitas das súas actividades están centradas na consecución de axudas para os socios máis necesitados.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Libros de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Ferrol y su comarca":

Conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro número 1 (187 páxinas) con 44 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 14/06/1909 ata o 23/03/1913
  • Libro (199 páxinas) con 68 actas das reunións das Xuntas Xerais dende o 27/04/1913 ata o 26/07/1930

Conservados en formato dixital:

  • Libro (198 páxinas) con actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 24/09/1930 ata o 14/02/1937
  • Libro (236 páxinas) con actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 28/08/1944 ata 02/10/1958

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Lugares

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 29/07/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Materias relacionadas

Xéneros relacionados

Lugares relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/SOC/CU-4/II