Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais da comarca do Deza residentes a instancias dunha entidade similar existente na Arxentina. Foi creada co obxectivo fundamental de construír conxuntamente un Hospital-Asilo en Lalín.
O 20 de marzo de 1910, os lalinenses residentes na Habana, aproban a súa creación baixo o nome de "Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín", con sede no Palacio do Centro Gallego de La Habana. O seu comité organizador estaba formado por Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López. Outros socios fundacionais foron: polo concello de Silleda, Constantino Terxeido, José Ramos, Manuel Rey e Gerardo Pombo; por Lalín, Francisco Souto, Cándido Lamas, Guillermo González, Rosendo Sanmartín, Antonio Iglesias e Manuel Taboada; por Carbia: Manuel Pedreira, José Fernández, Solitario López e Manuel Quintero; pola Golada: Manuel Pallares, Andrés Iglesias, Casimiro Miguélez e José Barrios; polo concello de Rodeiro: Jesús Diéguez, José Meijome, Gumersindo Fernández; por Dozón: Casiano Lorenzo, Daniel Castro, Eladio Calvo e Gumersindo Gómez. Deles saíu a primeira Xunta Directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas.
A finalidade da sociedade foi a procura de protección e axuda entre todos os seus asociados, así como a unión dos connaturais do partido xudicial de Lalín residentes na illa.
No ano 1913 os seus esforzos centráronse na financiación da construción do Hospital-Asilo na vila de Lalín.
A partir de 1923 esta sociedade forma parte do "Comité de Sociedades del Partido de Lalín" que estaba integrado ademáis polas seguintes sociedades:"Club Lalín", "Hijos del Ayuntamiento de Rodeiro", "Hijos del Ayuntamiento de la Golada", "Hijos del Ayuntamiento de Silleda".
Na actualidade organizan actividades culturais como cursos de língua galega e teñen un grupo folclórico de baile galego. No ano 1992 contaban cun total de 286 socios dos que o 80 % son galegos ou descendentes de galegos.
A súa presidenta actual é Josefina de la Caridad López González.
Publicado
Parcial
Borrador
Memorias sociais de "Hijos del Partido de Lalín", conservadas en formato dixital:
- Memoria do ano 1982 (2 páxinas)
- Memoria dos anos 1992-1994, que inclúe reproducción da acta fundacional, abundante información e numerosas fotografías (66 páxinas), tamén impresa
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Aberto a novos ingresos
A propia institución
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica