Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1889 - (Creación)
Nivel de descrición
Unidade documental composta
Extensión e medio
7 memorias fotocopiadas
2 volumes facsímil
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
No ano 1879 o xornalista Waldo Alvarez Insua dirixía o xornal "El Eco de Galicia" e nun artigo publicado no mes de outubro lanzou a idea de fundar un "Ateneo Gallego", iniciativa moi ben acollida pola numerosa colonia galega da Habana. Esta idea foi extendéndose, pois aínda que existían na Habana dúas sociedades como "Beneficencia de Naturales de Galicia" e a coral "Ecos de Galicia", non había unha casa común para todos os galegos e esta foi a que se propuxeron fundar un grupo de homes galegos residentes na Habana. O 23 de novembro de 1879 aprobaron a constitución do centro e o 12 de decembro os Estatutos.
No Libro "Para Gloria del Terruño" aparece outra versión da súa creación: Segundo eles a idea da creación dun centro galego de recreo xa se fixera coa creación da sociedade "La Festival" establecida nos altos de Marte y Belona, de carácter galego exclusivamente. A orixe da creación de centro gallego está nun manifesto asinado por uns cantos operarios da fábrica de tabacos de Caruncho, incitando aos galegos a unirse. Parece que a estes operarios dáballes clase un profesor galego nos momentos de ocio e nunha desas clases decidiron xuntarse para ter unha sede onde facer esas clases. Entre eles citan a Ildefonso Mugía, que redactou o manifesto e Miguel Troche, que mandou imprimilo e repartilo.
O centro foi instalado nun local alugado na C/ Prado esquina Dragones, onde se instalaron as aulas nas que recibirían instrución os xóvenes emigrantes, ata poñelos aptos para traballar no comercio. En 1885 decídese a creación do servizo sanitario, servizo que sería dado polas cinco clínicas chamadas Quintas, que existían na Habana, pero non contentos cos servizos prestados, un dos directivos do centro, Femín Piñón compra a clínica "La Benéfica" e donaa para a sociedade. Finalizado 1905, e cunha situación económica boiante, tanto no país como no Centro, deciden mercar a través de bonos, o Teatro "Tacón" e o resto da manzá de edificios onde se construirán o gran palacio social e o Teatro "Nacional". A sede social comezou a construirse en 1907 e remataron as obras en 1914. A finais da década dos 20 hai unha etapa de crise pola mala xestión dalgúns directivos e acusacións de desfalcos, débedas etc. polo que disminúe o número de socios. (Revista "Galicia", nº 8, marzo 1933).
En 1933 aparece unha corrente de opinión dentro da masa societaria da entidade que aboga por permitir a entrada ás mulleres emigrantes na sociedade e que éstas poidan ser asistidas na súa casa de saúde.
Esta sociedade mutualista é un modelo para o resto das sociedades galegas en América, pois daba aos seus socios unha ampla gama de servizos por unha módica cuota mensual: asistencia sanitaria, instrución elemental e secundaria, cultura artística, festas, bailables e escénicas, e albergue á vellez desvalida.
"El Eco de Galicia" de Buenos Aires, nº 586, 30/01/1908 dedícalle 3 páxinas, incluída a portada á historia do centro e á inuauguración do seu palacio social e do Teatro Tacón (fotocopias).
En xullo de 1962 aparece a noticia da desaparición deste Centro a causa do réxime político que manda en Cuba.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Memorias presentadas pola Xunta Directiva do "Centro Gallego de La Habana":
Conservadas en formato papel (fotocopias):
- Memoria presentada en febreiro de 1891
- Memoria presentada en febreiro de 1892
- Memoria presentada en febreiro de 1893
- Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1894-1897"
Conservadas en formato papel (orixinais):
- Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1889-1893"
- Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1899-1903"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Facsímil. Fotocopias
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 24/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino