O AEG conserva varios exemplares dos modelos
Esta sociedade foi creada o 9 de novembro de 1918 na cidade da Habana. A súa primeira Xunta Directiva estivo formada polos fundadores da nova entidade: como presidente, José Ramón López; vicepresidente, Manuel López; tesoureiro, Pedro López; secretario, José Ramón Fernández; vicesecretario, José Celeiro e vocais: Manuel Losada, Manuel Rivera, José López Cárdenas, José Gómez López, Constantino Gómez, José Iglesias, Ramón Álvarez, José Díaz, Faustino Pérez, Elisardo Fernández, Trinitario Álvarez, José López Álvarez, Antonio López, José Fernández Vidal; vocais suplentes: Pedro Arias, Constantino Méndez, Gabriel Díaz, Manuel López López, Antonio Díaz Mayadán, José Vega.
Esta sociedade actuou como matriz das delegacións que tivo en Huatey, Santiago de Cuba e Ciego de Ávila.
Os seus fins segundo o Regulamento de 1922 son a protección da instrución no concello de Navia de Suarna, coa pretensión de crear unha casa-escola nas súas parroquias; dar protección aos seus socios e fomentar a unión entre os connaturais que residen en Cuba, recollendo o pago do billete a aqueles emigrantes que quixeran voltar a España por prescripción facultativa e sen recursos económicos.
Publicado
Parcial
Borrador
Modelos da sociedade "Club Navia de Suarna":
Conservados en formato papel:
- Modelo de recibí
- Modelo de convite á xunta xeral de socios, co emblema societario
Conservado en formato dixital:
- Modelo de autorización para inhumación no Pantéon do Cemiterio de Cristóbal Colón
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Aberto a novos ingresos
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica