En 1918 existían na cidade dúas sociedades galegas; Casa de Galicia e Colonia Gallega. O 18 de febreiro de 1934 decidiuse realizar a fusión de ambas entidades, nacendo así o CENTRO GALLEGO DE SANTANDER. Durante os primeiros anos de vida a sociedade tivo a súa sede nun piso do Paseo de Pereda. Dende o principio contou con moita presencia e participación na vida da cidade, convertíndose no referente e modelo das casas rexionais de Santader e provincia. Baixo a presidencia de Emilio Otero Val en agosto de 1972 adquírese o entresuelo do nº 47 da rúa Hernán Cortés para convertirlo en Sede do Centro e, en decembro de 1980, cómpranse os baixos do edificio. Tras levar a cabo obras de acondicionamento e reforma pasará a ter salón de actos, biblioteca, bar-restaurante e sala de Bingo.
A sociedade ten recoñecida a súa galeguidade por Decreto 79/1988, de 3 de marzo.
Publicado
Parcial
Borrador
Programa de actividades do II Día de Hermandad de los Centros Regionales, celebrado o 26 de xuño de 1988 no Pabellón de la Marga, Santander, conservado en formato papel.
Aberto a novos ingresos
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica