Rey Rodríguez, Salvador

Área de identidade

Tipo de entidade

Persoa

Forma(s) autorizada(s) do nome

Rey Rodríguez, Salvador

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Rei Rodríguez, Salvador

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Rey Larramendi, Salvador

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1927.Ourense/01-04-1995.Ourense

Historia

Salvador Rey Rodríguez, nado en Ourense no 1927 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1995, foi un médico e político galego. Era fillo de Salvador Rey Larramendi, popular médico ourensán. Salvador casaría no ano 1955 con María Mercedes Suárez Mallón, filla do médico Ramón Suárez Vence. Con Mercedes tería dous fillos: Salvador, que tamén seguiu a profesión de médico, e Pedro, economista.
No tocante á súa ocupación como médico, licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1951, e posteriormente especializouse en Pulmón e Corazón en Madrid no ano 1953. Comezou practicando a medicina no barrio da Ponte, no que xa exercera o seu pai, colaborando tamén como cirurxián co doutor Juan Raposo no sanatorio Santa Cristina. Participou activamente nas campañas antituberculosas dos anos 60, obtendo praza no sanatorio de Piñor. A principios dos anos 70, e compaxinando o seu traballo no Servizo de Urxencias, obtivo praza de inspector médico. Consecuentemente, foi designado director da Residencia Sanitaria e xefe provincial de Institucións Sanitarias. Tamén asumiu a delegación do INSALUD na provincia de Ourense. Os seus derradeiros anos en activo pasounos dirixindo a Unidade Médica de Valoración de Incapacidades (UMVI).
Como galeguista e home comprometido con Galicia, tomou conciencia de Galicia ao seu paso pola Universidade, principalmente a través do contacto con algún dos herdeiros do republicano Partido Galeguista. En 1950, con 23 anos, formou parte do grupo fundacional da Editorial Galaxia, vehículo escollido polos vellos galeguistas para facer compatible a defensa da idea de Galicia, e a súa cultura, coa represión e censura franquistas. Nese mesmo ámbito cultural podemos encadrar o seu relevante papel nas conversas coa Igrexa para regularizar o oficio das misas en galego. Así mesmo, foi tamén un dos fundadores en 1967 da Agrupación Cultural Auriense, foco de difusión da cultura galega en Ourense. Por outra parte foi un dos fundadores, en 1976, do Museo do Pobo Galego, ademais de artífice de iniciativas como Escola Aberta, Premio da Crítica Galicia no ano 1980.
Por último, aínda que nunca se sentiu un político, o certo é que os contactos cos vellos galeguistas, moitos deles represaliados, a súa idea de Galicia e a represión sobre a lingua e a cultura galegas, así como o seu papel de médico “humanista” nun barrio humilde, levárono a participar na fundación, no ano 1963, do Partido Socialista Galego (PSG). En 1977 encabezou a lista ourensá do PSG ás primeiras eleccións democráticas. Posteriormente, foi deixando a política activa para dedicarse en exclusiva ás súas responsabilidades profesionais.

Lugares

Estatuto xurídico

Funcións, ocupacións e actividades

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

FSR

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

Consello Internacional de Arquivos. ISAD (G): Norma Internacional Xeral de Descrición Arquivística. 2ª edición. 2000: Madrid
Consello Internacional de Arquivos. ISAAR (CPF): Norma Internacional sobre os Rexistros de Autoridade de Arquivos relativos a Institucións, Persoas e Familias. 2ª edición. 2004: Madrid
Grupo de Arquiveiros de Galicia. NOGADA: Norma Galega de Descrición Arquivística. 2010 : Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Descrición realizada por Xabier Silva Simón e demais persoal técnico da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega, baixo a dirección das arquiveiras Anxos Sumai e Susana Guitar Novo
Data da descrición: Outubro 2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados